O Rei
Ficha Técnica:
-Título orixinal: "The King"
-Ano: 2019
-País: Inglaterra
-Dirección: David Michôd
-Duración: 140 min.
-Temática: Henrique V, Inglaterra, S.XV
-Reparto: Timothée Chalamet, Lily-Rose Depp, Joel Edgerton, Robert Pattinson,
Dean-Charles Chapman.
Esta película producida por Netflix ( e só dispoñible nesta plataforma) ten lugar na Inglaterra do S.XV e retrata o comezo do reinado de Henrique V e as súas empresas para conquistar parte de Francia, cuxo rei naquel momento era Carlos VI, xa que, a pesar de que Hal ( Henrique) prometera non ser como o seu pai (Henrique IV) que levara a Inglaterra a unha guerra civil, e non recoñecer os inimigos deste como seus, o intento de asasinato por parte do monarca francés lévao a iniciar esta conquista.
No camiño para conseguilo líbrase a famosa batalla de Agincourt, na que os ingleses, pese a verse superados en número, conseguen grazas as súas estratexias, vencer ao exército francés, liderado polo príncipe. Tras a vitoria de Hal, Carlos VI rendirase e cederalle a Hal a man da súa filla máis nova, Catalina, matrimonio que ratificará o novo poder inglés sobre os territorios conquistados. Sen embargo, no día da súa voda, Catalina revelaralle que non todo era como pensaba, convertendo así o final no punto máis interesante da película.
Pese a ser unha obra de escasa exactitude histórica, xa que o filme está baseado en tres obras de Shakespeare ( "Henry the forth" e "The life of Henry the fifth") é bastante entretida e, polo menos, podemos sacar en limpo a conquista de parte de Francia e o matrimonio de Henrique con Catalina. A película destaca na fotografía, no vestiario e na banda sonora (composta por Nicholas Britell).
Timothee Chalamet como Henrique V |
Ningún comentario:
Publicar un comentario