Serie de TV:
The
Durrells ou Os Durrells
Director:
Simon Nye, cun guión adaptado por el mesmo dos tres
libros autobiográficos escritos por Gerald Durrell.
Ano: 2016
Xénero: Comedia
dramática
País: Reino
Unido
Reparto:
Keely Haves ( Louisa Durrell), Milo Parker ( Gerald),
Daisy Waterstone (Margot), Callum Woodhouse (Leslie), Josh O’ Conner
(Lawrence), Alexis Georgoulis ( Spiros).
Sinopse:
Despois
de enviuvar e cunha situación económica difícil, Louise Durrell decide marchar
cos seus catro fillos (o menor de 12 anos) á illa grega de Corfú. Alí teñen que adaptarse
a viviren nunha casa na que parten de cero e rodeados de natureza. Cada un dos
fillos irá amosando a súa personalidade, segundo as calidades persoais e a guía
flexible da súa nai. A relación entre eles e a que establecen con diferentes
persoas, tanto da illa como visitantes externos, irán conformando os diferentes
capítulos.
É unha
serie coa que podes gozar de gratos momentos de relax. Pois, a pesar das
dificultades económicas da familia, a constante presenza da natureza e a luz do
Mediterráneo enchen de vitalismo e cor a pantalla. Gerald chega ao extremo
de tratar os animais como persoas,
mentres se dedicarse a observalos e estudalos. E o seu labor de naturista fará
que toda a familia se relacione intimamente con ese mundo natural.
O outro
piar fundamental é o das relacións humanas. Nos diálogos e accións vemos cómo
os personaxes (adolescentes) van evolucionando e formándose como persoas, co bo
e o malo do ser humano. A pertenza a un grupo é un lazo de unión moi
consistente, e chegamos a sentir como outros personaxes que se relacionan coa
familia senten ese nó. Especialmente importante é o personaxe de Spiros que
chega a parecer un membro máis dos Durrells.
A
disposición xeográfica da illa ( Mediterráneo, mar Xónico, entre Albania e
Grecia) é toda unha invitación a coñecer e viaxar por eses territorios. A illa
está chea de historia porque pertenceu a italianos, foi atacada por otomanos ,
dominada por británicos e pertence a Grecia desde 1864.
Tamén a
historia de Europa está presente na obra, pois o guión parte dun relato
autobiográfico( xénero de escrita que é propio da historia) situado entre 1935
e 1939. Pola casa da familia van pasando
persoas de diferentes países e aparecen referencias históricas ( cando vén a
familia italiana cítase a Mussolini; o noivo turco da filla non agrada nada aos
gregos; os “ temidos” albaneses resultan ser uns inofensivos pescadores…).
Póñase
cómodo no sofá, conecte FILMIN e viva o
Mediterráneo !!