luns, 16 de novembro de 2020

Assassin's Creed: Syndicate


 

É un xogo de acción-aventura, desenvolvido por Ubisoft. Este é un xogo multiplataforma que foi lanzado o 23 de outubro de 2015. O xogo ten lugar durante a época vitoriana en Londres, en plena Revolución Industrial. Os protagonistas son dous irmáns da seita dos asasinos, Jacob e Evie Frye.

Nun Londres cheo de novas tecnoloxías, unha masa de xente vai á cidade xa que ofrecía grandes oportunidades coa chegada da maquinaria e a abundancia de fábricas. Un novo mundo estaba a nacer, non só polas tecnoloxías senón tamén polos cambios no goberno (o poder xa non o ten o rei, senón o diñeiro). Porén, non todos foron igual de beneficiados por esas innovacións. As clases baixas empobrecíanse e morrían moi novos, por iso formáronse bandas que protestaban na clandestinidade. Nesa situación, aparecen os irmáns para intentar liberar o pobo desa escravitude legal. Eles van ascendendo socialmente axudados por personaxes históricos, como Karl Marx, Charles Dickens ou Victoria do Reino Unido.

 Lucas Choren

Ningún comentario:

Publicar un comentario