martes, 17 de novembro de 2020

The Durrells

Serie de TV:

 The Durrells ou  Os Durrells

Director:

Simon Nye, cun guión adaptado por el mesmo dos tres libros autobiográficos escritos por Gerald Durrell.

Ano:      2016

Xénero: Comedia dramática

País:      Reino Unido

Reparto:     

Keely Haves ( Louisa Durrell), Milo Parker ( Gerald), Daisy Waterstone (Margot), Callum Woodhouse (Leslie), Josh O’ Conner (Lawrence), Alexis Georgoulis ( Spiros).

Sinopse:

Despois de enviuvar e cunha situación económica difícil, Louise Durrell decide marchar cos seus catro fillos (o menor de 12 anos)  á illa grega de Corfú. Alí teñen que adaptarse a viviren nunha casa na que parten de cero e rodeados de natureza. Cada un dos fillos irá amosando a súa personalidade, segundo as calidades persoais e a guía flexible da súa nai. A relación entre eles e a que establecen con diferentes persoas, tanto da illa como visitantes externos, irán conformando os diferentes capítulos.

  Valoración persoal:

É unha serie coa que podes gozar de gratos momentos de relax. Pois, a pesar das dificultades económicas da familia, a constante presenza da natureza e a luz do Mediterráneo enchen de vitalismo e cor a pantalla. Gerald chega ao extremo de  tratar os animais como persoas, mentres se dedicarse a observalos e estudalos. E o seu labor de naturista fará que toda a familia se relacione intimamente con ese mundo natural.

O outro piar fundamental é o das relacións humanas. Nos diálogos e accións vemos cómo os personaxes (adolescentes) van evolucionando e formándose como persoas, co bo e o malo do ser humano. A pertenza a un grupo é un lazo de unión moi consistente, e chegamos a sentir como outros personaxes que se relacionan coa familia senten ese nó. Especialmente importante é o personaxe de Spiros que chega a parecer un membro máis dos Durrells.

  Relación coa xeografía e a historia.

A disposición xeográfica da illa ( Mediterráneo, mar Xónico, entre Albania e Grecia) é toda unha invitación a coñecer e viaxar por eses territorios. A illa está chea de historia porque pertenceu a italianos, foi atacada por otomanos , dominada por británicos e pertence a Grecia desde 1864.

Tamén a historia de Europa está presente na obra, pois o guión parte dun relato autobiográfico( xénero de escrita que é propio da historia) situado entre 1935 e 1939.  Pola casa da familia van pasando persoas de diferentes países e aparecen referencias históricas ( cando vén a familia italiana cítase a Mussolini; o noivo turco da filla non agrada nada aos gregos; os “ temidos” albaneses resultan ser uns inofensivos pescadores…).

 

Póñase cómodo no sofá, conecte FILMIN   e viva o Mediterráneo !!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario