xoves, 11 de marzo de 2021

Babylon Berlin

 



Título: Babylon Berlin.

Ano: 2017

Época histórica: tempo de entreguerra.

Tempadas: 3

Capítulos: 28

País: Alemaña.

Dirección: Tom Tykwer.

Guión: Tom Tykwer, Achim von Borries, Henk Handloegten, Volker Kutscher.

Reparto: Volker Bruch (Gereon Rath), Liv Lisa Fries (Charlotte Ritter), Peter Kurth (Bruno Wolter) e Matthias Brandt (August Benda).

Fotografía: Bernd Fischer, Frank Griebe, Philipp Haberlandt.

Música: Johnny Klimek, Tom Tykwer.

Xénero: Drama. Crime.

 

Análise:

Gereon Rath (Volker Bruch) é un inspector de policía de Colonia que se incorpora ao departamento de costumes de Berlín para investigar unha rede de pornografía controlada pola mafia rusa. Ademais, o mesmo inspector Rath ten os seus propios motivos persoais. O seu compañeiro é Bruno Wolter (Peter Kurth), un policía máis algo cínico que camiña no límite do moral.

 

Charlotte Ritter (Liv Lisa Fries), pola súa banda, é unha moza de familia moi humilde que ten que gañarse a vida, e a da súa familia, facendo traballos de oficina para a policía e exercendo de prostituta no cabaret Moka Efti. Ten como propósito chegar a ser a primeira muller inspectora de homicidios da policía de Berlín, isto fará que se atope no camiño do inspector Rath.

 

 

Conclusión:

Babylon Berlin ten unha moi boa posta en escena e unha gran dirección artística, ao meu parecer, pero a primeira tempada é moi irregular no narrativo, chegando a ser moi confusa, non do todo fluída e incomprensible.

 

 

Sara Ferreira Pereira 4ºesoA

Peaky Blinders

 


Peaky Blinders” é unha serie inglesa creada e dirixida por Steven Knight que está ambientada en Birmingham no período de entreguerras. Comezou a súa emisón en setembro de 2013.

 No primeiro capítulo, Thomas, un dos Peaky Blinders, rouba un cargamento de armas da fábrica local. Sabendo que manter as armas pode causarlle problemas coa ley, Thomas quere usarlas para aumentar o poder da banda e ignora as súplicas da súa tía Polly, que quería que se desfixera delas.

Por outra banda, Thomas molesta ao seu irmán, Arthur, cando amaña ilegalmente unha carreira de cabalos sen permiso do home que dirixe as carreiras. A irmá de Thomas, Ada, ten unha relación secreta con un amigo de Thomas e os Shelbys están a punto de encontrar novos problemas cun policía de Belfast, o inspector Campbell.

 Penso que esta serie está moi ben, dende o punto de vista histórico podemos ver cousas como a vestimenta desa época, como era a sociedade e a mentalidade da poboación. Tamén se aprecian as secuelas da guerra, sobre todo no personaxe de Dani, que sufre alucinacións causadas por ese trauma e no de Thomas, que sufre pesadelos.

Clara Álvarez Rodríguez 4º B