Título: Babylon Berlin.
Ano: 2017
Época histórica: tempo de entreguerra.
Tempadas: 3
Capítulos: 28
País: Alemaña.
Dirección: Tom Tykwer.
Guión: Tom Tykwer, Achim von Borries, Henk Handloegten, Volker Kutscher.
Reparto: Volker Bruch
(Gereon Rath), Liv Lisa Fries
(Charlotte Ritter), Peter Kurth (Bruno
Wolter) e Matthias Brandt
(August Benda).
Fotografía: Bernd
Fischer, Frank Griebe, Philipp Haberlandt.
Música: Johnny Klimek, Tom
Tykwer.
Xénero: Drama. Crime.
Análise:
Gereon Rath (Volker Bruch) é un inspector de policía
de Colonia que se incorpora ao departamento de costumes de
Berlín para
investigar unha rede de pornografía controlada pola mafia
rusa. Ademais, o mesmo inspector Rath ten os seus propios motivos persoais. O seu compañeiro é
Bruno Wolter (Peter Kurth), un policía máis algo cínico que camiña no límite do
moral.
Charlotte Ritter (Liv Lisa Fries), pola
súa banda, é unha moza de familia moi humilde que ten que gañarse a vida, e a
da súa familia, facendo traballos de oficina para a policía e exercendo de
prostituta no cabaret Moka Efti. Ten como propósito chegar a ser a primeira
muller inspectora de homicidios da policía de Berlín, isto fará que se atope no
camiño do inspector Rath.
Conclusión:
Babylon Berlin ten unha moi boa posta en escena e unha
gran dirección artística, ao meu parecer, pero a primeira tempada é moi
irregular no narrativo, chegando a ser moi confusa, non do todo fluída e
incomprensible.
Sara Ferreira Pereira 4ºesoA
Ningún comentario:
Publicar un comentario