“Peaky Blinders” é unha serie inglesa creada e dirixida
por Steven Knight que está ambientada en Birmingham no período de entreguerras.
Comezou a súa emisón en setembro de 2013.
No primeiro
capítulo, Thomas, un dos Peaky Blinders, rouba un cargamento de armas da
fábrica local. Sabendo que manter as armas pode causarlle problemas coa ley,
Thomas quere usarlas para aumentar o poder da banda e ignora as súplicas da súa
tía Polly, que quería que se desfixera delas.
Por outra
banda, Thomas molesta ao seu irmán, Arthur, cando amaña ilegalmente unha carreira
de cabalos sen permiso do home que dirixe as carreiras. A irmá de Thomas, Ada,
ten unha relación secreta con un amigo de Thomas e os Shelbys están a punto de
encontrar novos problemas cun policía de Belfast, o inspector Campbell.
Penso que
esta serie está moi ben, dende o punto de vista histórico podemos ver cousas
como a vestimenta desa época, como era a sociedade e a mentalidade da poboación.
Tamén se aprecian as secuelas da guerra, sobre todo no personaxe de Dani, que
sufre alucinacións causadas por ese trauma e no de Thomas, que sufre pesadelos.
Clara Álvarez Rodríguez 4º B
Ningún comentario:
Publicar un comentario