mércores, 3 de agosto de 2022

O rei Arturo


Título
: “O Rey Arturo”

Autor/director: Antoine Fuqua

Productor: Jerry Bruckheimer

Ano: 2004

Época e materia que reflicte: Sobre o 476 d.C. cara adiante; é dicir, dende a caída do imperio romano de occidente ata un ou dous lustroscara adiante; cando Roma sepárase de Gran Bretaña, e as poblacións de alí foron invadidas; por exemplo, polos saxóns.

TEMA: Arthur (Clive Owen) é un romano que desexa regresar á súa cidade natal, situada nas antigas Gran Bretaña e Inglaterra, para gozar da tranquilidade que antes desexaba; cando caeu o imperio romano occidental e Roma dividiuse de Gran Bretaña e a xente alí comezou a ser invadida.

Este desexo verase truncado cando el e os Cabaleiros da Mesa Redonda; Lancelot, Galahad, Bors, Tristan ou Gawain, teñen que enfrontarse aos saxóns para evitar que invadan Inglaterra, un lugar que daquela precisaba de alguén que os defendese das invasión saxonas e os orientase cara aos novos tempos. 

Para acadar este obxectivo contarán coa axuda de Merlín e da fermosa e valente Xenebra. Coa súa confianza Arthur terá que encontrar forza para comezar novos tempos.

COMENTARIO

Ao meu parecer “O rey Arturo” é unha película que da a coñecer moi ben a forma na que se loitaba e como defendíase ou atacábase ao bando contrario segundo comprendíache ou non. A parte da películaque mais adrenalina produce e cando comezan as loitas contras as invasións saxonas.

Para min é unha película de 8’5; ten moitos argumentos e contextos históricos de moita calidade.

VALORACIÓN FINAL

O rey Arturo ten unha posta en escena, unha calidade de gravación e unha realidade de imaxes moi impresionantes para os anos no que se grabaron esta película.

Ademais, paréceme unha moi boa idea facer unha película ambientada neste momento histórico xa que da moita xogo se falamos de intervención secundaria de personaxes ou de lugares onde batállase e onde transcorre a película. 

 A única crítica que lle poño a esta película é que eu penso que outros actores mais recoñecidos podían desarrollar mellor este o papel principal; por exemplo, Rusell Crowe, Antonio Banderas ou Dwayne Johnson.

MARTÍN PÉREZ FERNÁNDEZ 2ºD

2º ESO D

Gladiator

 Título: Gladiator


 Director: Ridley Scott

 Ano: 2000

 Época: a finais do século II.

 Materia que reflicte: as loitas dos gladiadores no Coliseo Romano.

 Tema:

 Máximo, xeneral moi admirado das lexións romanas e moi achegado ao emperador Marco Aurelio, vive coa ilusión de deixar a guerra e poder reunirse coa súa familia. En cambio, Marco Aurelio, quere nomealo novo emperador, así, cando Commodo, o fillo de Marco Aurelio, decátase disto, mátao e manda asasinar a Máximo, pero este logra fuxir e chega a Roma como gladiador, buscando vinganza.

 Comentario:

 Persoalmente, penso que na película hai cousas que che poden chamar moito a atención, como que un fillo chegue a matar ao seu propio pai polo poder de ser un César ou que cando se fan os xogos dos gladiadores, nos que se gastan cartos para entreter ao pobo, e logo, a contrasentido, reparten pan ao público.

 Valoración final:

 Gustoume bastante a película, é moi interesante, aínda que un pouco longa. Algunha das miñas escenas favoritas, foi cando Máximo mais os seus compañeiros gladiadores, estiveron loitando todos en equipo, e lograron gañarlle aos carros romanos, ou cando Máximo, aínda que dado por morto, o seu servo, Cicerón, seguía tendo fe en el e dándolle fidelidade. Eu doulle un 9/10.

 Ivana García Gómez 2ºD

Barbarians Rising


Título
: Barbarians rising.

Autor/director: Simon George.

Ano de produción: 2016.

País: EE.UU.

Época e materia que reflicte: O ascenso e a caída do Imperio Romano.

Tema: Líderes das rebelións, que libraron unha violenta batalla para conseguir a súa liberdade. As tribos que vivían dunha forma salvaxe e á marxe da civilización eran considerados 'bárbaros' en Roma. Algúns deles convertéronse nos guerreiros máis salvaxes da historia. Homes e mulleres rebeláronse contra unha potencia cruel que ameazaba con destruír aos seus pobos. Este docudrama revela, ao longo de oito episodios, a historia dunha batalla de 700 anos por facerse co poder, unha loita pola liberdade que resultaría clave para o rumbo da humanidade. Nesta produción colaboraron un grupo de experimentados intérpretes que dan vida a iconas bárbaras como Aníbal, Espartaco, Arminio, Boudica ou Atila e un grupo de expertos, co fin de descubrir a verdadeira historia detrás da lenda.

Comentario: O fenómeno das docuseries é moi interesante. Permite que nos acheguemos a un tema real , aprender. Pero, á vez, penétranos no mundo da ficción, da intriga e a emoción que nos fai engancharnos a unha produción e seguir os seus capítulos.

Valoración Final: A serie paréceme moi divertida e ilustrativa para guiarnos en tempos antigos ,gústame saber como eran as cousas e este tipo de series explica todo dun modo entretido ata facerche sentir parte da serie .Eu recoméndoa a xente que queira saber un pouco mais sobre como era antes e que lle guste as epocas antigas e as guerras vai divertir moito.

Lara Carolina Ferreia Narciso 2ºD

Bárbaros

 


Título:
Bárbaros

Ano: 2020

Época histórica: 9 d.c

Temporadas:1

Capítulos: 6

País: Alemaña pero é grabada en Hungría

Directores: Arne Nolting, Jan-Martin Scharf e Andreas Heckmann

Fotografía: Christian Stangassinger

Xénero: cine histórico e acción

Tema: A serie conta a lucha dos pobos xermanos contra o Imperio romano contada desde a perspectiva dos alemáns

Comentario: a min as series ou filmes antigas normalmente non me gustan pero a de bárbaros gustoume porque e una boa serie para aprender sobre este tema xa que estamos dando iso.

Valoración final: 8

 Amelia Álvarez-Aldir Villaverde 2º D

 

                                                                

A lexión da aguia

 


Autor:
Kevin Macdonald.

Ano de produción: 2011.

Época e material que reflicte: Está ambientada no ano 140 dc cando Roma tomou posesión das terras do sur de Bretaña.

Tema: Acción e aventuras.

Comentario: No ano 140  dC, o Imperio Romano esténdese ata  Britania, aínda que o seu dominio non é completo dado que as tribos rebeldes de  Caledonia fixéronse fortes no norte. Marco  Aquila chega a  Britania, decidido a restaurar a embazada reputación do seu pai,  Flavio  Aquila. O Muro de  Adriano converteuse na fronteira máis setentrional do Imperio Romano, no límite do mundo coñecido. Marco,  desmoralizado,  convalece na vila do seu tío  Aquila , un oficial retirado.

 Durante unha pelexa de gladiadores, Marco pide impulsivamente que se perdoe a vida a un novo gladiador, e  Aquila compra ao  britano  Esca para regalarllo. Marco trata a  Esca con desprezo, e o escravo odia todo o que é romano. Pero  Esca xura servir ao home que lle salvou a vida. Ao oír que se viu o aguia de ouro nun templo do afastado norte, Marco decide actuar e, acompañado por  Esca, cruza o Muro de  Adriano.

Valoración final: A película, gustoume moito, pareceume moi interesante, a ambientácion xenial, doulle un 9’5/10.

Lía Abreu Álvarez 2ºD

xoves, 11 de marzo de 2021

Babylon Berlin

 



Título: Babylon Berlin.

Ano: 2017

Época histórica: tempo de entreguerra.

Tempadas: 3

Capítulos: 28

País: Alemaña.

Dirección: Tom Tykwer.

Guión: Tom Tykwer, Achim von Borries, Henk Handloegten, Volker Kutscher.

Reparto: Volker Bruch (Gereon Rath), Liv Lisa Fries (Charlotte Ritter), Peter Kurth (Bruno Wolter) e Matthias Brandt (August Benda).

Fotografía: Bernd Fischer, Frank Griebe, Philipp Haberlandt.

Música: Johnny Klimek, Tom Tykwer.

Xénero: Drama. Crime.

 

Análise:

Gereon Rath (Volker Bruch) é un inspector de policía de Colonia que se incorpora ao departamento de costumes de Berlín para investigar unha rede de pornografía controlada pola mafia rusa. Ademais, o mesmo inspector Rath ten os seus propios motivos persoais. O seu compañeiro é Bruno Wolter (Peter Kurth), un policía máis algo cínico que camiña no límite do moral.

 

Charlotte Ritter (Liv Lisa Fries), pola súa banda, é unha moza de familia moi humilde que ten que gañarse a vida, e a da súa familia, facendo traballos de oficina para a policía e exercendo de prostituta no cabaret Moka Efti. Ten como propósito chegar a ser a primeira muller inspectora de homicidios da policía de Berlín, isto fará que se atope no camiño do inspector Rath.

 

 

Conclusión:

Babylon Berlin ten unha moi boa posta en escena e unha gran dirección artística, ao meu parecer, pero a primeira tempada é moi irregular no narrativo, chegando a ser moi confusa, non do todo fluída e incomprensible.

 

 

Sara Ferreira Pereira 4ºesoA

Peaky Blinders

 


Peaky Blinders” é unha serie inglesa creada e dirixida por Steven Knight que está ambientada en Birmingham no período de entreguerras. Comezou a súa emisón en setembro de 2013.

 No primeiro capítulo, Thomas, un dos Peaky Blinders, rouba un cargamento de armas da fábrica local. Sabendo que manter as armas pode causarlle problemas coa ley, Thomas quere usarlas para aumentar o poder da banda e ignora as súplicas da súa tía Polly, que quería que se desfixera delas.

Por outra banda, Thomas molesta ao seu irmán, Arthur, cando amaña ilegalmente unha carreira de cabalos sen permiso do home que dirixe as carreiras. A irmá de Thomas, Ada, ten unha relación secreta con un amigo de Thomas e os Shelbys están a punto de encontrar novos problemas cun policía de Belfast, o inspector Campbell.

 Penso que esta serie está moi ben, dende o punto de vista histórico podemos ver cousas como a vestimenta desa época, como era a sociedade e a mentalidade da poboación. Tamén se aprecian as secuelas da guerra, sobre todo no personaxe de Dani, que sufre alucinacións causadas por ese trauma e no de Thomas, que sufre pesadelos.

Clara Álvarez Rodríguez 4º B