xoves, 11 de marzo de 2021

Babylon Berlin

 



Título: Babylon Berlin.

Ano: 2017

Época histórica: tempo de entreguerra.

Tempadas: 3

Capítulos: 28

País: Alemaña.

Dirección: Tom Tykwer.

Guión: Tom Tykwer, Achim von Borries, Henk Handloegten, Volker Kutscher.

Reparto: Volker Bruch (Gereon Rath), Liv Lisa Fries (Charlotte Ritter), Peter Kurth (Bruno Wolter) e Matthias Brandt (August Benda).

Fotografía: Bernd Fischer, Frank Griebe, Philipp Haberlandt.

Música: Johnny Klimek, Tom Tykwer.

Xénero: Drama. Crime.

 

Análise:

Gereon Rath (Volker Bruch) é un inspector de policía de Colonia que se incorpora ao departamento de costumes de Berlín para investigar unha rede de pornografía controlada pola mafia rusa. Ademais, o mesmo inspector Rath ten os seus propios motivos persoais. O seu compañeiro é Bruno Wolter (Peter Kurth), un policía máis algo cínico que camiña no límite do moral.

 

Charlotte Ritter (Liv Lisa Fries), pola súa banda, é unha moza de familia moi humilde que ten que gañarse a vida, e a da súa familia, facendo traballos de oficina para a policía e exercendo de prostituta no cabaret Moka Efti. Ten como propósito chegar a ser a primeira muller inspectora de homicidios da policía de Berlín, isto fará que se atope no camiño do inspector Rath.

 

 

Conclusión:

Babylon Berlin ten unha moi boa posta en escena e unha gran dirección artística, ao meu parecer, pero a primeira tempada é moi irregular no narrativo, chegando a ser moi confusa, non do todo fluída e incomprensible.

 

 

Sara Ferreira Pereira 4ºesoA

Peaky Blinders

 


Peaky Blinders” é unha serie inglesa creada e dirixida por Steven Knight que está ambientada en Birmingham no período de entreguerras. Comezou a súa emisón en setembro de 2013.

 No primeiro capítulo, Thomas, un dos Peaky Blinders, rouba un cargamento de armas da fábrica local. Sabendo que manter as armas pode causarlle problemas coa ley, Thomas quere usarlas para aumentar o poder da banda e ignora as súplicas da súa tía Polly, que quería que se desfixera delas.

Por outra banda, Thomas molesta ao seu irmán, Arthur, cando amaña ilegalmente unha carreira de cabalos sen permiso do home que dirixe as carreiras. A irmá de Thomas, Ada, ten unha relación secreta con un amigo de Thomas e os Shelbys están a punto de encontrar novos problemas cun policía de Belfast, o inspector Campbell.

 Penso que esta serie está moi ben, dende o punto de vista histórico podemos ver cousas como a vestimenta desa época, como era a sociedade e a mentalidade da poboación. Tamén se aprecian as secuelas da guerra, sobre todo no personaxe de Dani, que sufre alucinacións causadas por ese trauma e no de Thomas, que sufre pesadelos.

Clara Álvarez Rodríguez 4º B

luns, 22 de febreiro de 2021

Camino a la perdición


 

Título: Camino a la Perdición

Autor: Sam Mendes

Ano de estreno: 2002

País, época histórica: Estados Unidos, Rock Island, preto de Chicago, 1931 onde había unha depresión económica e ley seca e dominaba a mafia irlandesa

Michael O’Sullivan era bo pai e un home de familia que traballaba para John Rooney, que o adoptara cando era pequeno, confiaba tanto nel como se fose o seu fillo.

Un día o fillo maior de Michael decidiu saír detrás do seu pai para descubrir  a que se dedicaba o seu pai,  o seu pai máis o verdadeiro fillo de John Rooney foron visitar un home co cal negociaba con el, pero o fillo de John matouno e Michael tivo que disparar ao demais homes para protexelo, mentres sucedía todo isto o fillo de Michael viuno todo por debaixo dunha porta. Cando Michael saíu e viu ao seu fillo explicoulle que tiña que facelo porque tiña que pagar ao señor John. Uns días máis tarde, o fillo de John matou a muller e ao neno pequeño de Michael, quedando só o pai e o fillo maior. Polo tanto decidiron marcharse, Michael quería venganza polo sucedido. Pediulle axuda o un home que lle fixo traballos máis este negouse. John Rooney mandou a un Home para mátalo.

Michael roboulles todo o diñeiro e descubriu que o fillo de John lle había estafado, máis John xa o sabía pero no podía facer nada xa que era o seu fillo, polo que Michael matou ao señor John Rooney e ao seu fillo. Logo Michael decidiu ir a xunto a irmá da súa muller e empezar de novo.

Cando chegaron mentres o neno xogaba fóra co can, Michael entro a ver a súa cuñada mais non a atopou e mentres miraba como xogaba o seu fillo,o home que había contratado Jhon disparoulle, mentres o home colocaba a cámara para sacarlle unha foto xa que era un aficionado ás fotos dos cadádisparoulleu o fillo de Michael cunha pistola, mais non foi capaz de disparar e entón Michael foi que lle disparou. O rapaz estivo case sei meses dun lado a outro ata que decidiu ir onde vivía unha señora que lles había axudado cando lle dispararon ao seu pai no brazo, e quedouse a vivir alì con eles.

 

Na miña opinión considero que sería un bo filme para a enseñanza sobre este tema, xa que creo que representan ben esta época 

Salma Hilali

Nos vemos allá arriba

 


Título:
Nos vemos allá arriba

Director: Albert Dupontel

Ano: 2017

País: Marrocos, Francia

Época histórica: Período de entreguerras

Este filme conta a historia dun contable e dun debuxante que estiveran xuntos na guerra. Ao principio do filme o contable, chamado Albert Maillard, aparece declarando nun cuartel en Marrocos. Alí identifícase e di onde coñeceu a Edouard Péricourt, o debuxante, que fora na cota 113. Tamén explica que nos últimos días de guerra, cando xa había rumores de armisticio, ninguén quería atacar, máis o seu teniente, Henri d’Aulnay-Pradelle, un apasionado da guerra, dábanlle igual os seus soldados, mandando a dous a facer un recoñecemento na trincheira inimiga. Rapidamente mátanos e tras un intercambio de bombas os franceses lánzanse ao ataque. Cando Albert chega á posición dos soldados que fixeran o recoñecemento, dáse conta de que os mataran pola espalda, e que fora Pradelle. Mentres escapaba del, Albert cae nunha poza de terra e non more afogado grazas a un cabalo morto e grazas a que Edouard o salva xusto despois, pero a él esplótalle unha bomba na cara que lle destruirá a mandíbula. Xa tempo despois de que acabara a guerra, mentres Edouard recupérabase, por primeira vez ve a súa cara deformada, e entra en pánico, polo que Albert suminístralle morfina. Cando esperta, Edouard pídelle a Albert que o mate nos archivos, intercambiando a súa ficha pola dun defunto, para non volver a casa e ver ao seu pai. Xa a finais de 1919, Albert e Edouard estaban novamente en París, onde vivían antes, e Albert loitaba con mutilados da guerra co fin de obter morfina para Edouard, que xa era adicto a ela. Tamén consigue un traballo de ascensorista, no que encontra a súa prometida con outro home, e esta devólvelle o anel de compromiso.

Doutra banda, Edouard vólvese moi amigo de Louise, unha nena que era orfa de guerra. Tamén volve a debuxar (mentres se recuperara deixou de facelo) pero dun xeito distinto porque ideou un plan. Ademais, comeza a crear máscaras para cubrir a ferida da cara posto que non lle gustaban as que lle tiñan ofrecido no hospital. Cando Edouard lle conta o seu plan de facer monumentos aos mortos, pero sin facelos para escapar co diñeiro, Albert enfádase e os dous acaban pelexando. Ao día seguinte, Albert recibe unha paliza por parte dos exmilitares mutilados da guerra, e decide aceptar o traballo de Edouard.

Pradelle, pola súa parte, agora traballaba enterrando aos mortos e facendo fraudes con eles, sen preocuparse pola súa identidade. Cando ten unha conversa co pai de Edouard, presidente do distrito, a este último dalle un ataque ao corazón. Según el fora por non acordarse do aniversario da morte do seu fillo. Na súa casa, a irmá de Edouard, Madeleine, ensínalle os debuxos da guerra que lles enviara Albert e deciden invitalo a cear. Albert acepta, mais non lle dice nada a Edouard. Unha vez alí, descrube que Pradelle e Madeleine están casados, e evita que o teniente o vexa. Durante a cea coa familia de Edouard está moi nervioso e casi revela que segue vivo. Ao final, non di nada e lle ofrecen un traballo de contable na administración. Albert acepta comeza a roubar diñeiro da administración para facer os catálogos dos falsos monumentos. Algúns meses despois de facelos, comezan a chegarlle encargos e vólvense ricos. Tamén presentan un diseño cun nome falso a un concurso organizado polo seu pai que ten de primer premio 150000 francos. Acaban gañando porque o seu pai dáse conta que a firma de Edouard está presente no debuxo do monumento. Paralelamente, Edouard entérase de que Madeleine está casada con Pradelle, e decide fastidiarlle a vida notificando dos seus fraudes a un inspector mediocre que non se deixa sobornar. Mentres tanto, Albert, que se namorara da criada dos Péricourt, Pauline, comeza a saír con ela.

Despois, a estafa dos protagonistas é descuberta e Pradelle evita o seu afundimento obrigándolle ao pai de Edouard a que lle quiten os cargos a cambio de encontrar ao autor do diseño gañador do concurso, aínda que é abandonado por Madeleine tras embarazala, porque ela xa coñecía as súas infidelidades e non lle importaba. Unha vez que Pradelle encontra ao autor, o pai de Edouard vai visitalo, sen saber que é o seu fillo, e cando Edouard dáse conta de que sí lle importaba ao seu pai, tírase do balcón do edificio no que estaban. Tamén hai que destacar a morte de Pradelle nunha obra baixo un montículo de area, cando Albert ía matalo pero non foi capaz.

Cando Albert acaba de declarar, o xefe do cuartel que o estaba interrogando manda marchar aos demais e deixa libre a Albert, porque un dos soldados que matara Pradelle pola espalda na cota 113 era o seu fillo. Por último, vemos a Pauline, Louise e Albert marchar felizmente.

Esta obra estaría estruturada en tres partes: unha primeira que iría dende o principio ata que Albert e Edouard regresan a París, unha segunda que chegaría ata que a estafa dos dous personaxes principais é descuberta, e, por último, o final do filme.

Nos vemos allá arriba é un drama, que ten varios saltos no tempo, de Marrocos en 1920, ata finais da guerra no 1918 e a vida de Albert e Edouard en París no 1919.

Este filme encantoume debido a historia tan profunda que conta, e como todos os sucesos van encaixando nun puzle ata o final, cando o xefe do cuartel é o pai do xoven soldado asesinado por Pradelle. Tamén me gusta como se reflexa a vida das persoas tras a guerra, a escaseza do diñeiro, e as loitas por sobrevivir.

Eu creo que o máis interesante da obra é como vai cambiando a situación dos protagonistas e todas as dificultades que teñen que superar, así como o que vai acontecendo á vez na familia de Edouard. Desde un punto de vista histórico non creo que teña demasiados erros, xa que se reflexa ben a situación de Francia tras a guerra, que quedara moi endebedada, o que se traducía nunha falta de cartos, a utilidade das colonias, á que se van Albert, Pauline e Louise. Tamén vemos as trampas feitas e fraudes para aforrar diñeiro e engaños para roubar, aínda que non sei ata que punto concreto son certos. Na miña opinión, é un filme que podría valer para ensinar historia, aínda que non sexa perfecto

 

Cristián Páramos