luns, 22 de febreiro de 2021

Nos vemos allá arriba

 


Título:
Nos vemos allá arriba

Director: Albert Dupontel

Ano: 2017

País: Marrocos, Francia

Época histórica: Período de entreguerras

Este filme conta a historia dun contable e dun debuxante que estiveran xuntos na guerra. Ao principio do filme o contable, chamado Albert Maillard, aparece declarando nun cuartel en Marrocos. Alí identifícase e di onde coñeceu a Edouard Péricourt, o debuxante, que fora na cota 113. Tamén explica que nos últimos días de guerra, cando xa había rumores de armisticio, ninguén quería atacar, máis o seu teniente, Henri d’Aulnay-Pradelle, un apasionado da guerra, dábanlle igual os seus soldados, mandando a dous a facer un recoñecemento na trincheira inimiga. Rapidamente mátanos e tras un intercambio de bombas os franceses lánzanse ao ataque. Cando Albert chega á posición dos soldados que fixeran o recoñecemento, dáse conta de que os mataran pola espalda, e que fora Pradelle. Mentres escapaba del, Albert cae nunha poza de terra e non more afogado grazas a un cabalo morto e grazas a que Edouard o salva xusto despois, pero a él esplótalle unha bomba na cara que lle destruirá a mandíbula. Xa tempo despois de que acabara a guerra, mentres Edouard recupérabase, por primeira vez ve a súa cara deformada, e entra en pánico, polo que Albert suminístralle morfina. Cando esperta, Edouard pídelle a Albert que o mate nos archivos, intercambiando a súa ficha pola dun defunto, para non volver a casa e ver ao seu pai. Xa a finais de 1919, Albert e Edouard estaban novamente en París, onde vivían antes, e Albert loitaba con mutilados da guerra co fin de obter morfina para Edouard, que xa era adicto a ela. Tamén consigue un traballo de ascensorista, no que encontra a súa prometida con outro home, e esta devólvelle o anel de compromiso.

Doutra banda, Edouard vólvese moi amigo de Louise, unha nena que era orfa de guerra. Tamén volve a debuxar (mentres se recuperara deixou de facelo) pero dun xeito distinto porque ideou un plan. Ademais, comeza a crear máscaras para cubrir a ferida da cara posto que non lle gustaban as que lle tiñan ofrecido no hospital. Cando Edouard lle conta o seu plan de facer monumentos aos mortos, pero sin facelos para escapar co diñeiro, Albert enfádase e os dous acaban pelexando. Ao día seguinte, Albert recibe unha paliza por parte dos exmilitares mutilados da guerra, e decide aceptar o traballo de Edouard.

Pradelle, pola súa parte, agora traballaba enterrando aos mortos e facendo fraudes con eles, sen preocuparse pola súa identidade. Cando ten unha conversa co pai de Edouard, presidente do distrito, a este último dalle un ataque ao corazón. Según el fora por non acordarse do aniversario da morte do seu fillo. Na súa casa, a irmá de Edouard, Madeleine, ensínalle os debuxos da guerra que lles enviara Albert e deciden invitalo a cear. Albert acepta, mais non lle dice nada a Edouard. Unha vez alí, descrube que Pradelle e Madeleine están casados, e evita que o teniente o vexa. Durante a cea coa familia de Edouard está moi nervioso e casi revela que segue vivo. Ao final, non di nada e lle ofrecen un traballo de contable na administración. Albert acepta comeza a roubar diñeiro da administración para facer os catálogos dos falsos monumentos. Algúns meses despois de facelos, comezan a chegarlle encargos e vólvense ricos. Tamén presentan un diseño cun nome falso a un concurso organizado polo seu pai que ten de primer premio 150000 francos. Acaban gañando porque o seu pai dáse conta que a firma de Edouard está presente no debuxo do monumento. Paralelamente, Edouard entérase de que Madeleine está casada con Pradelle, e decide fastidiarlle a vida notificando dos seus fraudes a un inspector mediocre que non se deixa sobornar. Mentres tanto, Albert, que se namorara da criada dos Péricourt, Pauline, comeza a saír con ela.

Despois, a estafa dos protagonistas é descuberta e Pradelle evita o seu afundimento obrigándolle ao pai de Edouard a que lle quiten os cargos a cambio de encontrar ao autor do diseño gañador do concurso, aínda que é abandonado por Madeleine tras embarazala, porque ela xa coñecía as súas infidelidades e non lle importaba. Unha vez que Pradelle encontra ao autor, o pai de Edouard vai visitalo, sen saber que é o seu fillo, e cando Edouard dáse conta de que sí lle importaba ao seu pai, tírase do balcón do edificio no que estaban. Tamén hai que destacar a morte de Pradelle nunha obra baixo un montículo de area, cando Albert ía matalo pero non foi capaz.

Cando Albert acaba de declarar, o xefe do cuartel que o estaba interrogando manda marchar aos demais e deixa libre a Albert, porque un dos soldados que matara Pradelle pola espalda na cota 113 era o seu fillo. Por último, vemos a Pauline, Louise e Albert marchar felizmente.

Esta obra estaría estruturada en tres partes: unha primeira que iría dende o principio ata que Albert e Edouard regresan a París, unha segunda que chegaría ata que a estafa dos dous personaxes principais é descuberta, e, por último, o final do filme.

Nos vemos allá arriba é un drama, que ten varios saltos no tempo, de Marrocos en 1920, ata finais da guerra no 1918 e a vida de Albert e Edouard en París no 1919.

Este filme encantoume debido a historia tan profunda que conta, e como todos os sucesos van encaixando nun puzle ata o final, cando o xefe do cuartel é o pai do xoven soldado asesinado por Pradelle. Tamén me gusta como se reflexa a vida das persoas tras a guerra, a escaseza do diñeiro, e as loitas por sobrevivir.

Eu creo que o máis interesante da obra é como vai cambiando a situación dos protagonistas e todas as dificultades que teñen que superar, así como o que vai acontecendo á vez na familia de Edouard. Desde un punto de vista histórico non creo que teña demasiados erros, xa que se reflexa ben a situación de Francia tras a guerra, que quedara moi endebedada, o que se traducía nunha falta de cartos, a utilidade das colonias, á que se van Albert, Pauline e Louise. Tamén vemos as trampas feitas e fraudes para aforrar diñeiro e engaños para roubar, aínda que non sei ata que punto concreto son certos. Na miña opinión, é un filme que podría valer para ensinar historia, aínda que non sexa perfecto

 

Cristián Páramos

Ningún comentario:

Publicar un comentario