- Porco Rosso (O seu nome verdadeiro é Marco), é o protagonista da película, é expiloto da guerra da Marina Italiana e conduce un hidroavión.
- Gina, é cantante nun hotel moi coñecido entre os pilotos de hidroavións, todos están namorados dela, pero ela está namorada de Porco Rosso.
- Piccolo, é o dono do taller “Piccolo”.
- Fio, é mecánica e deseñadora de hidroavións no taller “Piccolo”, convence a Porco Rosso de que a deixe ir con
ela, el acepta. Máis tarde acaba tendo unha relación especial con Porco.
-
Curtiss, piloto estadounidense que derrota unha vez a Porco, e máis tarde acaba tendo unha competición con el, na que sae perdedor.
Producida polo estudio Ghibli.
Análise:
Dende o punto de vista histórico esta película está ben, aínda que é unha serie de debuxos pódese ver como vivían dende máis ricos, ata máis pobres, como eran as maquinarias da época, os coches, os avións, e ata algunhas armas. Tamén pódese apreciar a visión da muller da época.
A parte que máis me gustou foi cando Porco deuse conta que ata unha muller podía facer os planos do seu avión, xa que el creia que ao ser muller e xoven non podería facelo ben.
A cousa que maís chamou a miña atención foi as posicións das hélices e do motor, nalgúns hidroavións atopábase na parte superior das asas e noutras dentro do hidroavión en si.
Conclusión:
É unha boa película, aínda que ten un gran fallo. Non di por que Porco transformouse nun porco, e tampouco chegase a desfeitizar, cando ao inicio da película da a entender que buscarían a forma de facelo. Tampouco me gustou o final, debería ser máis extensa e que Porco non desaparecera sen máis.
Laura Fernandes Merino
Ningún comentario:
Publicar un comentario