Esta película británica chámase 1917, foi dirixida e producida por Sam Mendes e escrita por Mendes e Krysty Wilson-Cairns no ano 2019, como ben o dice o título está ambientada no ano 1917, no medio da
I Guerra Mundial.
Esta e unha obra bélica, que se ambienta na retirada do exército alemán da Línea de Hindenburg na chamada Operación Alberich, para tenderlle unha trampa aos ingleses. No filme podemos seguir o camiño de dous soldados británicos para entregar unha mensaxe para cancelar un ataque ofensivo contra os alemáns que estaba condenado o fracaso debido a que era unha trampa, ademais a un dos soldados este traballo resúltalle especialmente importante xa que o seu irmán era un dos soldados que formaban parte do ataque. Na escenografía da película podemos apreciar as trincheiras que eran moi comúns nesa época para
protexer os soldados e tamén para a súa supervivencia porque vivían alí.
Na miña opinión é unha boa película para aprender como vivían os soldados da I Guerra Mundial e os perigos que corrías por só saír uns metros de onde deberías estar, xa que todo o mundo ía armado e donde menos o esperabas podías morrer.
Noa Fernández Pereira
Ningún comentario:
Publicar un comentario