venres, 12 de febreiro de 2021

Testamento de juventud

Título Testamento de Juventud
Autor Pertence as memorias de Vera Brittain
Ano Filmouse en 2014 ( pero a súa fecha de publicación foi 1933 e as súas memorias
abarcan desde 1900 ata 1925)
País Reino Unido
Epoca histórica Primera Guerra Mundial
 

Esta película conta a situación que se viviu no comezo da Primeira Guerra Mundial e o impacto que tiña esa situación na vida das mulleres e na poboación.
Tamén narra as circunstancias tan difíciles para as mulleres no ámbito dos estudos ( aínda que había unha pequena melloría desde anos anteriores ) e todo o esforzo que para elas supoñía e as berreiras tiñan que vencer.
En análise desta obra, os elementos que máis destacan son a dureza coa que a protagonista experimenta todas esas circunstancias e a descripción de todas as cinscunstancias que tiñan que vivir en esa época, como por exemplo,o momento no que os soldados eran atendidos nos hospitais de campaña en Francia e o pouco personal que había para atender aos enfermos.
A min este filme gustoume moito porque contaba moi ben a situación que vivían moitas familias cando os seus familiares marchaban cara a guerra e a preocupación que vivían durante noitos meses ao estaren sen saber nada deles, como por exemplo cando a protagonista Vera está meses sen saber nada de Roland; por outra parte deume moita pena e pareceume unha situación moi difícil pola incerteza que experimentaban.Este filme serve para aprender coma era a situación na Primeira Guerra Mundial tanto para os homes como para as mulleres e a incerteza e condicións nas que tiñan que estar os soldados da guerra, o persoal que atendía aos feridos e as familias dos soldados enviados ao frente.
Mostra tamén as condicións nas que eran atendidos os feridos, as moitísimas mortes que ese suceso provocou e as consecuencias da guerra para todos os bandos.
 
 Tatiana Bernárdez Alfaya

Ningún comentario:

Publicar un comentario