A película “Sunset song” (Reino Unido, 2015) dirixida por Terence Davies é una adaptación da novela de Lewis Grassic Gibbon e está ambientada nun pequeno pobo de Escocia na época da I Guerra Mundial (1914 - 1918).
O film contanos a historia de Chris Guthrie, una rapaza que vive nunha pequena granxa coa súa familia e que pouco a pouco vai quedando soa. Primeiro suicidouse a súa nai, que acababa de dar a luz e estabacansa de que o seu marido a maltratara, co que decidiu envenenarse e levarse con ela tamén aos dous fillos que acababa de parir e isto fixo que os dous irmáns pequenos tamén se foran coa súa tía xa que o seu pai sería incapaz de coidalos. Con isto so quedaron vivindo na granxa: ela, o seu irmán maior e o seu pai. Pouco depois o irmán foise e o pai caíu enfermo e posteriormente faleceu. Entón Chris coñeceu a Ewan, home do que se namorou e co cal se casou. Cando ela estaba embarazada anunciaron que empezara a guerra e cando o neno xa tiña uns tres anos ao seu pai tocoulle ir a guerra e non puido resistirse. Estivo un tempo no frente e cando volveu a casa xa non era a mesma persoa, volverase moito máis bruto e irrespetuoso, tanto que cando tivo que volver ao frente nin sequera se despediu da súa muller. Cando estaba no fronte deuse conta de que non iba a sobrevivir e decidiu desertar sabendo que iba a ser fusilado, só para poder mandarlle unha mensaxe de despedida a súa namorada.
Dende o punto de vista histórico esta película está moi ben para ver o outro lado da guerra, o lado que non son as armas, senon as secuelas que deixa nos soldados que sobreviven e nas familias que perden aos seus pais, tios, avos, etc.
Clara Álvarez Rodríguez
Ningún comentario:
Publicar un comentario