venres, 12 de febreiro de 2021

Senderos de honor

 

Título: Senderos de honor


 

Autor: Saul Dibb

Ano de estreno: 2017

País e época na que está ambientada: Francia, na primeira guerra mundial

 

A compañía  "C" está facendo o seu turno nas trincheiras da primeira línea do norte de Francia , dirixida polo capitán Stanhope que xa está moi canso. Un mozo oficial , Raleigh , chega recén salido do adestramento e emocionase pola súa primeira actuación real , sobre todo porque vai servir co capitán  Stanhope , o seu  antigo monitor da escola e obxecto de afecto  da súa irmá. Os oficiais refuxiabanse na comida e nos recordos das súas vida pasadas para distraerse, mentres que Stanhope refuxiabase no alcohol, incapaz de lidiar co medo ao que vai pasar.

 

Pareceume moi interesante esta película xa que conta a vida dos soldados na primeira guerra mundial e considero que si serviría para a enseñanza deste tema. 

Salma Hilali

Las Guardianas


 

Título:Las Guardianas
Autor: Xavier  Beauvois
Ano:2017
Época histórica na que está ambientada: na primeira guerra mundial(1914-1918)
Análise:
Esta película está ambientada en Francia en 1915 durante a Primeira Guerra Mundial, cando os homes estaban a loitar na guerra e as mulleres tiñan que facerse cargo das terras.  Hortense que é unha muller bastante maior faise cargo ela e a súa filla  das terras e contratan a unha moza,  Francine.  Francine ao principio só ía traballar ata despois de cultívaa pero gústolle moito aos donos xa que é moi traballadora,por tanto queda por máis tempo. Voe un dos  fillos de  Hortense da guerra e namórase de  Francine e ela do. Un día ten que volver outra vez á guerra pero eles seguen en contacto mediante cartas.  Hortense perde a un fillo e outro esta de prisioneiro. O namorado de  Francine volve, e esta vez  intiman un pouco. Cando ten que volver outra vez á batalla o vea cun americano e enfádase,e dille á súa nai que a bote,e ela cúmpreo.
A moza  Francine vaise e contrátana noutra casa, despois dáse conta de que está embarazada, téntallo dicir ao pai mediante cartas pero devólvenlle as cartas sen ningún motivo entón decide escribir unha carta a  Hortense onde lle conta sobre o seu neto e pídelle que llo conte ao seu fillo xa que ela non pode comunicarse co ,a cal ao ler a carta  a queima e deixa a  Francine sen resposta.
Ao final  Francine ten ao bebe e faise cargo del ela soa.
Paréceme boa película para ver o que lles pasa a quédanos en casa mentres os seus familiares están a loitar.

Salma Karmadi

1917


 Esta película británica chámase 1917, foi dirixida e producida por Sam Mendes e escrita por Mendes e Krysty Wilson-Cairns no ano 2019, como ben o dice o título está ambientada no ano 1917, no medio da
I Guerra Mundial.
Esta e unha obra bélica, que se ambienta na retirada do exército alemán da Línea de Hindenburg na chamada Operación Alberich, para tenderlle unha trampa aos ingleses. No filme podemos seguir o camiño de dous soldados británicos para entregar unha mensaxe para cancelar un ataque ofensivo contra os alemáns que estaba condenado o fracaso debido a que era unha trampa, ademais a un dos soldados este traballo resúltalle especialmente importante xa que o seu irmán era un dos soldados que formaban parte do ataque. Na escenografía da película podemos apreciar as trincheiras que eran moi comúns nesa época para
protexer os soldados e tamén para a súa supervivencia porque vivían alí.
Na miña opinión é unha boa película para aprender como vivían os soldados da I Guerra Mundial e os perigos que corrías por só saír uns metros de onde deberías estar, xa que todo o mundo ía armado e donde menos o esperabas podías morrer.

Noa Fernández Pereira

Largo domingo de noviazgo

 


O título da película é “Largo Domingo de Noviazgo”. 

Dirección: Jean-Pierre Jeunet

Guión: Jean-Pierre Jeunet, Guillaume Laurant (Novela: Sébastien Japrisot)

Música: Angelo Badalamenti, fotografía: Bruno Delbonnel 

Reparto: Audrey Tautou, Gaspard Ulliel, Dominique Pinon, Chantal Neuwirth, André Dussollier, Marion Cotillard, Jodie Foster, Ticky Holgado, Jean-Paul Rouve, Albert Dupontel, Jean-Pierre Darroussin, Denis Lavant, Dominique Bettenfeld, Tchéky Karyo, Jean-Claude Dreyfus, Julie Depardieu, Michel Vuillermoz, Urbain Cancelier, Rufus Magloire, Elina Löwensohn

Productora: Co-production Francia-Estados Unidos; 2003 Productions, Warner Bros. 

Foi feita no 2004 e estaba baseada durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918).

Nesta película pódese ver claramente a situación de Francia durante a Primeira Guerra Mundial.   Tamén pódese ver como vivía a xente que estaba nas trincheiras e as miserias que pasaban. Podemos ver como vivía moitos tipos de persoas, dende os soldados ata os detectives privados.

Toda a película estaba moi ben, pero unha das miñas frases favoritas é “Es curioso, cuando sonríes, se abre un paréntesis. Vamos, una última pequeña sonrisa para cerrar el paréntesis”.

Dende o punto de vista histórico esta película está moi ben, mirase todo con claridade e os espacios están ben ambientados. Gustoume moito aínda que se me fixo un pouso larga a espera ao seu reencontro. 

Laura Fernandes Merino

Testamento de juventud

Título Testamento de Juventud
Autor Pertence as memorias de Vera Brittain
Ano Filmouse en 2014 ( pero a súa fecha de publicación foi 1933 e as súas memorias
abarcan desde 1900 ata 1925)
País Reino Unido
Epoca histórica Primera Guerra Mundial
 

Esta película conta a situación que se viviu no comezo da Primeira Guerra Mundial e o impacto que tiña esa situación na vida das mulleres e na poboación.
Tamén narra as circunstancias tan difíciles para as mulleres no ámbito dos estudos ( aínda que había unha pequena melloría desde anos anteriores ) e todo o esforzo que para elas supoñía e as berreiras tiñan que vencer.
En análise desta obra, os elementos que máis destacan son a dureza coa que a protagonista experimenta todas esas circunstancias e a descripción de todas as cinscunstancias que tiñan que vivir en esa época, como por exemplo,o momento no que os soldados eran atendidos nos hospitais de campaña en Francia e o pouco personal que había para atender aos enfermos.
A min este filme gustoume moito porque contaba moi ben a situación que vivían moitas familias cando os seus familiares marchaban cara a guerra e a preocupación que vivían durante noitos meses ao estaren sen saber nada deles, como por exemplo cando a protagonista Vera está meses sen saber nada de Roland; por outra parte deume moita pena e pareceume unha situación moi difícil pola incerteza que experimentaban.Este filme serve para aprender coma era a situación na Primeira Guerra Mundial tanto para os homes como para as mulleres e a incerteza e condicións nas que tiñan que estar os soldados da guerra, o persoal que atendía aos feridos e as familias dos soldados enviados ao frente.
Mostra tamén as condicións nas que eran atendidos os feridos, as moitísimas mortes que ese suceso provocou e as consecuencias da guerra para todos os bandos.
 
 Tatiana Bernárdez Alfaya

Sunset Song

 


 

A película “Sunset song” (Reino Unido, 2015) dirixida por Terence Davies é una adaptación da novela de Lewis Grassic Gibbon e está ambientada nun pequeno pobo de Escocia na época da I Guerra Mundial (1914 - 1918).

O film contanos a historia de Chris Guthrie, una rapaza que vive nunha pequena granxa coa súa familia e que pouco a pouco vai quedando soa. Primeiro suicidouse a súa nai, que acababa de dar a luz e estabacansa de que o seu marido a maltratara, co que decidiu envenenarse e levarse con ela tamén aos dous fillos que acababa de parir e isto fixo que os dous irmáns pequenos tamén se foran coa súa tía xa que o seu pai sería incapaz de coidalos. Con isto so quedaron vivindo na granxa: ela, o seu irmán maior e o seu pai. Pouco depois o irmán foise e o pai caíu enfermo e posteriormente faleceu. Entón Chris coñeceu a Ewan, home do que se namorou e co cal se casou. Cando ela estaba embarazada anunciaron que empezara a guerra e cando o neno xa tiña uns tres anos ao seu pai tocoulle ir a guerra e non puido resistirse. Estivo un tempo no frente e cando volveu a casa xa non era a mesma persoa, volverase moito máis bruto e irrespetuoso, tanto que cando tivo que volver ao frente nin sequera se despediu da súa muller. Cando estaba no fronte deuse conta de que non iba a sobrevivir e decidiu desertar sabendo que iba a ser fusilado, só para poder mandarlle unha mensaxe de despedida a súa namorada.

Dende o punto de vista histórico esta película está moi ben para ver o outro lado da guerra, o lado que non son as armas, senon as secuelas que deixa nos soldados que sobreviven e nas familias que perden aos seus pais, tios, avos, etc.

Clara Álvarez Rodríguez