mércores, 3 de abril de 2024

Reinas

Título: Raíñas  

Ano: 2016

Director: José Luis Moreno, Manuel Carballo

Argumento: No medio do triunfo do Renacemento, dúas mulleres, ambas raíñas, enfróntanse relixiosamente, políticamente e persoalmente; María Estuardo e Isabel I de Inglaterra.


Podcast de María Veiga e Noela Rodríguez de 3ºD


A duquesa



Título
: A duquesa
Director: Saul Dibb
Ano: 2008
Argumento: Inglaterra, século XVIII. Fermosa, sofisticada e adorada pola xente, Georgiana (Knightley) foi a muller máis fascinante do seu tempo. Casada moi nova cun dos homes máis ricos de Inglaterra, o duque de Devonshire (Fiennes), era unha estreita confidente dos ministros e mantiña excelentes relacións coa Casa Real. Tamén se converteu nun icono da moda, e a súa influencia no Partido Liberal foi notable. Porén, fracasou estrepitosamente na súa desesperada procura do amor: desde o apaixonado pero fatídico romance con Earl Grey ata o complicado triángulo amoroso co seu marido e a súa mellor amiga Lady Bless Foster (Atwell).

Podcast por Carla Domínguez de 3ºD

xoves, 4 de agosto de 2022

La tumba de las luciérnagas




Título: La tumba de las luciernagas

Autor/director: Isao Takahata

Ano de produción:1988

Época e materia que reflicte: esta película fai referencia a segunda guerra mundial na cal Xapón participou e perdeu a guerra contra Estados Unidos e reflicte a fame que pasou a xente e o que sufriron os xaponeses durante a guerra.

Tema: esta película trata sobre a segunda guerra mundial e sobre o sufrimento do pobo xaponés durante a guerra xa que este unha vez atacou a estados unidos todo empezou a irlle de mal en peor xa que non eran capaces de aguantar coa fame que había a causa da guerra. 

Comentario

Esta película trata da segunda guerra mundial na cal participa Xapon e o cal termina moi prexudicada. Esta fala da vida dun rapas xaponés e de como foi a súa vida dende que comeza a guerra ate que morre, e nesta historia conta como era a vida de moitos dos xaponeses e do mal que o pasaron milleiros de persoas xa que o rapas protagonista e fillo dun militar da mariña e inda así non chega a ter unha boa vida, primeiro marre súa nai a causa das bombas e polas feridas causadas, mais tarde cando termina a guerra dáse de conta de que morreu o seu pai inda que polo que conta na película o pai puido morrer xa moito antes xa que as cartas que lle mandaba o seu fillo durante a guerra non tiñan resposta dende un primeiro momento polo que nos pode dar a saber que xa morrera moito antes, despois morreu a súa irma por causa da mal nutrición xa que el fora a vivir a montaña xa que nun primeiro momento vivía cunha tía pero como esta non era moi boa con estes eles decidiron marchar a vivir a montaña e hai foi onde morreu despois dun tempo e o ultimo que morreu foi o ultimo protagonista na estación de tren cerca de moita outra xente na mesma situación ca el.

Valoración final

Esta película esta bastante ben feita e explica moi ben que pasou naquela época e por iso a miña valoración e un 10.

Ángel González Bouza 4ºB

Gambito de dama


TÍTULO: GAMBITO DE DAMA.

AUTOR: Walter Tevis

DIRECCIÓN: Scott Frank

ANO DE PRODUCIÓN: 2020

XÉNERO: Serie de TV. Drama. Xadrez. Guerra Fría. Años 50- 60.

PAÍS: Estados Unidos.

GUIÓN: Scott Frank.

ÉPOCA E MATERIA QUE REFLICTE: Kentucky, anos 60. En plena Guerra Fría, a moza Beth Harmon é unha orfa cunha aptitude prodixiosa para o xadrez, que loita contra as súas adiccións mentres trata de converterse na mellor xogadora do mundo gañando aos grandes mestres, en especial aos rusos.

A historia, baseada nunha novela de Walter Tevis de 1983, escolle moi ben a época: o mundo do xadrez profesional nos cincuenta e os sesenta, cando pasa de converterse dun entretemento para universitarios a un reflexo das tensións políticas entre Estados Unidos e a Unión Soviética. E cóntanos un mundo árido para as mulleres, sobre todo a protagonista, metida nunha contorna masculina onde historicamente poucas mulleres chegaron a destacar.

Este ambiente tan especial está reflectido na serie, non só reflectindo os ambientes do xadrez, senón tamén os centros comerciais onde se dan cita as amas de casa dos suburbios, os medios de transporte e os hoteis de luxo. É moi fiel aos costumes e os modos do xadrez da época.

TEMA:

 Cóntanos a carreira no xadrez dunha nena, que aprende a xogar nun orfanato co bedel, en plena Guerra Fría.

 COMENTARIO: 

En termos xerais, aínda que a serie tómase as súas liberdades, nótase que hai expertos detrás asesorando. Púxose moito mimo na recreación da época e dun deporte a miúdo maltratado. Tamén mirase os problemas entre rusos e americanos pola Guerra Fría e como era moi importante ganar esas partidas como poder político, e como moitos rusos querían abandonar Rusia para nunca volver. Y como en Rusia es moi importante o xadrez. E estou contenta de vivir nesta época, porque vexo como a muller non contaba para nada en anteriores épocas e esta non podía ser menos.

Esquiva abundantes tópicos das historias de nenos prodixio. E non me gustou como para que os nenos non molestasen nos orfanatos, os medicaban drogándoos, provocándoos adicións. Aínda que os estados mentais extraordinarios son complicados de plasmar en imaxes ,e facelos comprensibles para o público, nesta serie conségueno. Encántame a idea do taboleiro no teito que Beth imaxina para memorizar e planificar as partidas e tamén gústanme as montaxes musicais. Tamén me gusta moito como humaniza aos xogadores converténdoos en superdotados excéntricos e faios intercambiar diálogos técnicos sobre partidas, onde o espectador que non sabe xadrez non perde o fío das partidas. Porque, realmente, non é necesario entendelas ao detalle para comprender aos protagonistas.

VALORACIÓN FINAL:

 Gambito de Dama é unha historia que encara todos os seus temas con profundidade, consideración, e elegancia. O guión evita caer no melodrama, aínda cando a trama poida xustificalo, e mantense moderada nos seus conflitos, a pesar de que a protagonista atravesa toda clase de loitas, tanto psicolóxicas como sociais. Desde os traumas da súa infancia por mor do abandono e a saúde mental da súa nai biolóxica, ata a súa adicción con substancias, o que leva a causarlle problemas con amigos e amores. Esta serie para min transmite toda a competitividade e esixencia mental do xadrez de alto nivel, combinado cos conflitos do momento entre rusos e americanos. Para min o xadrez nunca foi tan entretido e emocionante como cada vez que ela senta fronte a un taboleiro. Encantoume e recoméndoa.

Lucía Carrera Fernández 4ºA

A zona gris


Título original
: The Grey Zone 

Autor/director: Tim Blake Nelson

Ano de produción: 2001 

Época e materia que reflicte: A segunda guerra mundial, no maior xenocidio do século XX,

Tema:

A película describe a realidade vivida no campo de concentración de Auschwitz en 1944, na que un grupo de Sonderkommando (comando especial) xudíos foron obligados a guiar os seus compañeros xudíos e incluso familiares ata a cámara de gas para ser queimados nos fornos crematorios e deixar limpa a zona para os seguintes, co fin de conseguir uns meses máis de vida e privilexios. Os sentimientos de culpa fan que planearan un motín como forma de redención para destruír o crematorio IV e escapar, cos explosivos que lograron extraer as mulleres das fábricas de armas. Ao prepararse na rebelión, un xudeu do grupo da unidade encontra a unha rapaza de catorce anos que sobrevivíu a cámara de gas, e intenta por todos os medios salvala. O levantamento non saíu como o previsto e os superviventes foron matados un a un, a rapaza incluida.

Análise

O Terceiro Reich implantou o obxectivo primordial na reforma racial en Europa. O antisemitismo exerceo un rol primordial, no que, aclamaba que os xudeos compoñían o orixe de todos os males, sinalábaos como «un fermento de descomposición», desconcerto, confusión, e «dexeneración racial», e a ameaza da revolución mundial….Auschwitz encontrábase en Polonia ocupada polos alemán e contaba con 3 campos incluido o de exterminio, no que morreron mais de 1.000.000 de persoas, nel o terror e o pánico estaba presente, mentras que no mundo a Segunda Guerra mundial estábase desenvolvendo. En 1945 cerrouse ao ser liberados polo exército soviético.

Os alemáns construíron tres campos de concentración una vez invadida Polonia. Auschwitz I creouse como campo principal en 1940, Auschwitz II en 1941, foi o que tiña maior número de prisioneiros, contaba con catro crematorios, Auschwitz III, os nazis forzaron aos xudeus para que traballaran nas fábricas de caucho sintético e combustibles. Os nazis decidiron evacuar os prisioneiros dos campos o 27 de xaneiro ao ver o avance do exército ruso. Uns 7.000 foron os supervivintes encontrados en condicions lamentables, marcados pola fame e o maltrato que sufriron. Abandonaron Auschwitz a pie, pero dada o estado físico e mental que tiñan non puideron seguir co camiño, desta maneira chamáronlle 'Marcha da morte'.

A película recrea baixo tódolos ángulos una realidade cruel que recrea uns horrores difícilmente superados pero realistas. Tim Blake soubo abrir a porta dun campo de concentración e desnudar sen tabús as escenas estremecedoras xamáis vividas, recreando perfectamente a situación da época, de tal xeito que somos capaces de percibir a tensión, o medo, a incertidume vivida polos actores e integrarnos na película grazas as cámaras que son os testigos das escenas e nas que te sintes atrapada nun inferno sen saída. A música recrea o camiño cara a morte e os gritos de desesperación que se convierten en xemidos e finalmente o silenzo fai que se pegue na pel. Somos os testigos dunhas crueldades, dunhas mortes masivas e incluso de torturas realizadas polos investigadores médicos en nenos, xemelos…

Blake conseguíu recrear con todos os detalles o estremecedor horror contado polas cámaras que simula unha realidade vivida sen escrúpulos, onde a vida non significa nada. As matanzas e a tortura son os temas principais desenvolvidas por unhas imaxes que vencen a dificultade moral. A loita pola supervivencia temporal fai que os Sonderkommando viviran obrigados a axudar a matar a cambio duns privilexios como a comida, mentres co resto dos reclutas eran mal ou pouco alimentados. Cada seis meses os nazis os mataban e os replanzaban por outros… Foto tomada de manera clandestina por un Sonderkommando, queimando corpos ao aire libre nunha fosa. É unha valiosa proba, xa que, moitas delas foron destruidas.

"Non estou triste porque vou a morrer, estou triste porque non poderei vengarme como quixera", escribió en noviembre de 1944.

Os membros dos comandos especiais tiñan que sacarlles os implantes de dentes de ouro, obxetos de valor antes de metelos nos crematorios. .

Tim Blake Nelson convertíu unha película nun documental a gran escala cos mínimos detalles ao descuberto, aínda así, a ficción nunca superará a realidade.

Andrea Domínguez García 4ºC

Goodbye Lenin

 


Título: Goodbye Lenin

Ano de produción: 2003

Época histórica e materia que reflicte: 1978-1990, División de Alemania na RFA e a RDA, caída do muro de Berlín (1989), Reunificación Alemá (1990), antes do derrumbe da URSS (1991).

País: Alemania

Dirección: Wolfgang Becker

Guión: Wolfgang Becker, Bernd Lichtenberg

Duración: 1h e 55 min

Xénero: Drama, comedia

Tema: Trátase da historia dunha familia que vive na República Democrática Alemana antes da caída do muro de Berlín.

Análise

Esta película comeza coa fuxida do pai de dous nenos, Alex e Ariane, ao mundo occidental no momento en que Alemania xa está dividida dende 1949, mentres a súa muller Christiane e os seus fillos quedaban na República Democrática de Alemaña (RDA), o territorio socialista que existiu en Alemaña e Europa Central durante o período da Guerra Fría, baixo a ocupación soviética tras o final da Segunda Guerra Mundial. Esta existiu ata 1990, cando se incorporou á República Federal de Alemaña (RFA).

Christiane era unha activista no progreso social contra as inquietudes do pobo e as inxustizas cotiás, polo que recibiu unha coondecoración prestixiosa que o Estado daba aos cidadáns máis destacados polo seu socialismo.

En 1989, na manifestación en defensa do dereito de camiñar libremente sen que o muro o impedise, Alexander coñeceu a súa futura moza, Lara, unha rapaza soviética pola cal suspiraba namorado. Esa mesma noite a nai entrou en coma, debido a que mirou como o exército golpeaban a varios manifestantes e levaban ao seu fillo. Dende ese accidente, a súa saúde empeorou e estivo bastante tempo no hospital ata que Alex decidiu acomodar o cuarto onde, ata ese momento, estaban asentados a súa irmá e o seu mozo, e levar a casa a súa nai. Ela perdeu a memoria e non recordababa, despois de oito meses en coma, na situación en que se atopaba Berlín en octubre do 1989, a un mes da caída do muro que dividía as zonas de influencia capitalista e comunisa. Entón, el fixo todo o posible para que non soubera a verdade, posto que se se enteraba podía sufrir outro infarto, xa que ela era socialista, e isto conlevaría á súa morte. Intentou buscar por medio de todos os métodos as marcas de alimentos da antica RDA, pero a influencia capitalista arrasara con todo e intercambiaba os botes vellos qe atopaba polos novos. Así, construiu unha realidade totalmente diferente para a súa nai, arreigada ao pasado. Pareceume tan alucinante o feito de crear un mundo moi alonxado do real só para que ela puidese vivir en paz, que enganchoume a historia dunha forma incríbel.

Chegou o cumpleanos de Christiane e todo o espectáculo que organizara o fillo fracasou de varias maneiras, pero cando ela sospeitaba algo, Alex e o seu amigo e compañeiro de taballo xa estaban grabando e editando programas de informativos cunha explicación a favor da versión socialista que lle daban á muller. No aniversario, a moza de Alex non aguantou tanta mentira, en parte porque el lle dixera á nai que o pai dela tiña un oficio que en realidade non facía, ademáis de que estba morto. Quizais por este motivo tamén lle confesou a Christiane que caíra o muro antes de que esta volvera a ver ao seu home. Esta era a súa última voluntade, pois lle dera outro infarto tras confesarlle aos seus fillos a verdade sobre o pai na casiña onde quería acoller as persoas da parte oocidental. Resulta que tiveran que dicirlle que os occidentais estaban pasando á RDA grazas a un xesto humanitario de Honecker (nesa época, secreario xeral do Partido Socialista Unificado de alemaña), cando saíra a rúa un día. Na rúa mirara pasar a estatua de Lenin, que estaba sendo trasladada do seu pedestal.

Mentres ela está ingresada no hospital, o fillo aproveita para falsear un novo telexornal, convencendo a Sigmund Jähn (o primeiro astronauta de Alemaña Oriental) a quen descubrira unha noite traballando como taxista, para que proclamase a necesidade de unir as dúas repúblicas, a federal e a democrática. Quería desvelarlle a verdae, pero dunha forma suave, a cal el mesmo quería ter vivido. Porén, Christiane xa estaba ao tanto das últimas transformacións políticas grazas a Lara e decatase da montaxe que o seu fillo preparara durante toda o período da súa enfermidade por amor, só para coidala. Nin Christiane nin Lara chegan a revelar que xa a muller xa coñecía a verdadeira realidade e acaba morrendo.

4º Valoración final

Creo que esta película é moi significativa, porque representa perfectamente o ambiente vivido nesa época histórica con certa comicidade (nas partes nas que Alex se encarga de transformar o mundo visible pola súa nai para que non sufra). Esa atmosfera de inquietude ante a revolución que causou a caída do muro de Berlín. Esa atmosfera de saber que estaba a piques de ocorrer algo grande e importante, que cambiaría a vida de todos aquelas persoas (refírome a caída da Unión Soviética). O que máis me gustou foi a vía que tomou o autor do filme para contar es proceso histórico de transición ente a situación despois da Guerra Fría (a partir do 1989) e a posterior á Reunificación Alemá.

Ariadna Pereira Campos 4ºB

El vendedor de tabaco


Título
: El vendedor de tabaco

Director: Nikolaus Leytner

Ano de produción: 2017

Que reflicte? Esta película refilcte a época de entreguerra, cando Hitler comeza a ter un grande auxe, antes de que estalle a 2º guerra mundial.

Tema

A invasión de Hitler en Austria (Viena 1937), a Gestapo comeza a matar a xente que tenta contra os ideais de Hitler, ambientado nun rapaz de 17 anos, axudante dun vendedor de tabaco.

Comentario

Esta película ambientada en Viena, fai reflexionar sobre o duro que tivo que ser para os Austríacos e Alemáns que non seguían os ideais nacionalsocialistas, que tiveron que ser sometidos ante o gran auxe de Hitler. Na película pódense observar metáforas nas que os pesadelos do protagonista representan o ambiente nesta época, arañas que lembran o avance da ideoloxía nazi, bolboretas asasinadas cando a anexión de Austria á Gran Alemaña corta a liberdade dos seus habitantes.

Valoración final: 

Gustoume moito a peli, sobre todo pola maneira de narrar a historia, as metáforas nos soños do protagonista e tamén o final, no que se lle fai conmemoración a todas as persoas que estaban en contra de Hitler, e foron asasinadas inxustamente.

Sabela Saad Gómez 4ºB