xoves, 4 de agosto de 2022

El vendedor de tabaco


Título
: El vendedor de tabaco

Director: Nikolaus Leytner

Ano de produción: 2017

Que reflicte? Esta película refilcte a época de entreguerra, cando Hitler comeza a ter un grande auxe, antes de que estalle a 2º guerra mundial.

Tema

A invasión de Hitler en Austria (Viena 1937), a Gestapo comeza a matar a xente que tenta contra os ideais de Hitler, ambientado nun rapaz de 17 anos, axudante dun vendedor de tabaco.

Comentario

Esta película ambientada en Viena, fai reflexionar sobre o duro que tivo que ser para os Austríacos e Alemáns que non seguían os ideais nacionalsocialistas, que tiveron que ser sometidos ante o gran auxe de Hitler. Na película pódense observar metáforas nas que os pesadelos do protagonista representan o ambiente nesta época, arañas que lembran o avance da ideoloxía nazi, bolboretas asasinadas cando a anexión de Austria á Gran Alemaña corta a liberdade dos seus habitantes.

Valoración final: 

Gustoume moito a peli, sobre todo pola maneira de narrar a historia, as metáforas nos soños do protagonista e tamén o final, no que se lle fai conmemoración a todas as persoas que estaban en contra de Hitler, e foron asasinadas inxustamente.

Sabela Saad Gómez 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario