mércores, 3 de agosto de 2022

Matar a un rei


Título
: “Matar a un rei”

Director: Mike Barker

Guión: Jenny Mayhew

Ano de produción: 2003

Época :mediados do século XVII

País: Inglaterra, Reino Unido

Xénero: Drama, histórico

Reparto: Tim Roth, Dougray Scott, Rupert Everett, Olivia Williams, Adrian Scarborough, Corin Redgrave, James Bolam, Finbar Lynch, Evie Wray, Jeremy Swift, Arthur Cox

Tema: A idea principal desta película é visualizar o cambio do tipo de estado. Pretenden derrocar ao monarca absolutista e exercer a soberanía popular, para que a esta non resida no rei senón no pobo.

Comentario:

Atopámonos en Inglaterra no ano 1645: Despois de tres anos de cruenta Guerra Civil, a vitoria está en mans dos puritanos que derrocaron ao rei Carlos I gañando a súa batalla contra a corrupción. Dous heroes saíron da guerra: os líderes do exército parlamentario ; Lord Thomas Fairfax e o seu xeneral Oliver Cromwell . A guerra xa está gañada pero agora a súa misión é unir e reformar o país. Aínda que a amizade que une aos dous é forte, os acontecementos futuros realmente a poñerán a proba. Thomas , como membro da aristocracia, quere unha reforma moderada da monarquía pero Cromwell ten outras ideas en mente. Ao regresar da guerra, Thomas goza dun apaixonado reencontro coa súa amorosa esposa Lady Anne. Non obstante, esta mantén unha certa lealdade á monarquía e cre, como moitos outros membros do parlamento, que a Guerra xa serviu de lección ao rei Carlos I. Baixo o liderado de Denzil Holles, presidente do parlamento, unha facción acepta en segredo devolver ao rei ao poder a cambio de valiosos agasallos . Cromwell indignado envía ás súas tropas para recuperar os tesouros empregados como suborno e leva a xuízo a todos os traidores membros do Parlamento. Arrepiada ao coñecer os plans de Cromwell de levar ao xuízo ao rei, Anne informa a dous mozos realistas do paradoiro do monarca. Estes conseguen rescatar ao rei, pero Cromwell pronto descobre o seu escondite e é capturado de novo. Para entón, Thomas descobre que o seu amigo non ten intención de ofrecerlle ao rei un xuízo xusto e que xa asinou a súa sentenza de morte. Mentres prosegue a súa execución, Fairfax e Anne foxen de Londres. Pero este, máis tarde, volve atoparse cos seus coñecidos realistas e decátase de que aínda cre nos principios polos que loitou e sabe que debe regresar a Londres e intentar moderar o extremismo de Cromwell. Pero co rei morto, o réxime puritano saíu do control. O seu exército xera violencia e medo en todo o país e Cromwell compórtase cada vez máis coma

un emperador . A Thomas, que estaba reinando o norte, chéganlle noticias do estado enfermizo de Cromwell polo que volve a Londres, días despois disto falece e o seu cadáver é exposta na entrada ao reino.

Conclusión:

"Matar un rei" é unha historia da loita polo poder. As aspiracións políticas destes líderes son ben diferentes e mentres Thomas opta por restaurar a monarquía, Cromwell soña con virarse cara a unha república e acabar completamente co rei.

A miña valoración persoal non é mala, ao principio custoume comprendela pero cando entendes a situación é sinxela e entretida.

Marta Bernárdez Troncoso 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario