Título: “La Revolución”
Director: Aurélien Molas, Jérémie Rozan e Edouard Salier
Guión: Aurélien Molas
Reparto: Doudou Masta, Julien Sarazin, Ian Turiak, Marilou Aussilloux, Amélia
Lacquemant, Amir El Kacem, Lionel Erdogan, Julien Frison e Isabel Aimé Gonzalez
Sola.
Ano de produción: 2020
País de produción: Francia
Época histórica: A serie está inspirada na Revolución Francesa (finais do século XVIII)
Tempadas: 1
Capítulos: 8
Tema: A historia de varios personaxes de distintas clases sociais durante a Revolución Francesa
Xénero: Drama
Análise:
No primeiro capítulo, nos centramos na historia de Joseph Ignace Guillotin, un médico cirurxián que trata de desenvolver historias de asasinatos. Aquí chega Oka, un escravo negro que foi culpado por canibalismo e asasinato dunha muller. Joseph xura sacar a Oka do seu problema.
Por outra banda, temos a Elise e a súa familia. Elise é a condesa de Montargis, que quere axudar a seu pobo pero non sabe si é unha decisión correcta. Súa irmá Madeliene, ten visións estrañas e reais sobre outras persoas e seu pasado.
No capítulo, se ve a morte dalgúns personaxes secundarios e quen son os seus culpables.
Opinión:
Sinceramente, a serie paréceme que está ben lograda, ten un ambiente na época perfecto. Sen embargo, a serie é un pouco confusa e complicada de entender, pero pode ser que sexa só no primeiro capítulo. Ten moitos personaxes e con historias diferentes (aparecen todos no capítulo 1) e por iso é difícil de entender. Fai moitos flashbacks nos que os personaxes contan súa historia.
En conclusión, penso que a serie está ben feita pero que o principio é confuso e a relación entre os personaxes tamén.
Paula Pérez Gándara 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario