mércores, 3 de agosto de 2022

Hospital Real


Título
: Hospital Real

Guión: Carlos Portela, Lidia Fraga

Director: Jorge Cassimello

Ano de producción: 2015

Xénero: Drama

Época e materia que reflicte: finais do século XVIII durante o conflito armado da guerra da Independencia española e baixo o reinado de Carlos IX. Capítulo: 1 (Santiago)

Tema: Hospital Real é una película na que Daniel Álvarez Castro, un mozo compostelán procedente dunha familia senllerias de Santiago de Compostela e unha campesina Olalla Taboada vense unidos polos sentimientos e traizón.

Daniel Álvarez Castro, un xovén compostelán e herdeiro dos condes de Bastavales, unhas das familias máis prestixiosas de Santiago, levaba varios anos en París travallando de médico. Decide volver á casa pola insistencia do seu pai para prometelo coa única heredeira do Hospital Real. Polo camiño resulta ferido, pero grazas a unha xoven campesiña que é enfermeira, chamada Olalla Taboada, encontrouno na beira dun camiño e decide levalo a casa na que vive co seu pai e irmán para curalo. Co paso do tempo os sentimientos surxen e

Daniel anímaa a irse con él para Santiago para que poida cumprir o seu soño de ser enfermeira no Hospital Real e poder casar con él. No afán de poder realizar os seus soños vese como se suman personaxes, intrigas, vinganzas e matrimonios axeitados. No terreo da limitada medicina observase enmarcada nun contexto no que intervén asuntos sociais e políticos. A diferenza de clases sociais será unha trama chea de obstáculos para facer realidade os seus sonos. A acción situase básicamente en tres escenarios, o Hospital Real, Palacio de Daniel e o exterior. O Hospital Real respondía só ante a súa Maxestade e entorno ao edificio xenerabase unha auténtica loita de poderes. E sen dúbida unha historia de amor imposible entre un médico nobre e unha aldeana enfermeira.

A película transporta o público a finais do século XVIII. Pódese considerar un filme- histórico, xa que, recrea a representación dunha Galiza sometida ao conflicto da guerra da Independencia española que sacudíu á Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. Tanto a vestimenta como o ambiente natural, ilustran a perfección os feitos que se desenvolven naquela época como a pobreza e o atraso da sociedade galega marxinada frente á favorecida burguesía e o clero, por outra parte, destaca o interese pola ciencia na que se ve unha representación exemplar dunha boticaria da época e uns espacios perfectamente logrados na representación do hospital, este entorno é uns dos principais temas que sen dúbida está desarollada en paralelo coa traizón e cos previlexios das clases sociais.

A vestimenta recrea a demarcación social como é un traxe sombrio e gris para as campesiñas con falda larga e mantilla de lá que lle servía de abrigo, e para os homes uns arapos oscuros e desgastados, mentres que a clase alta reflexaba unha vestimenta máis moderna cos vestidos camiseros con cirtura alta e falda dunha soa peza con línea recta e tubular, e con tacóns baixos. Os adornos eran simples e apenas visibles, mentres cos homes da alta sociedade caracterizouse por unha menor estridencia en comparación coa moda feminina. O "traxe a francesa" utilizaba prendas de seda e lixeiros calzóns, anchas casacas e chalecos, característico do século XVIII co define con cores fixos

Hospital Real é un exemplo dunha ficción da época nunha Galiza a finais do século XVIII, ofrece un entretemento aderezado con amores diversos e un retrato acertado da sociedade galega, que era eminentemente rural e agraria. Plantexa historias de amor, intriga xunto con múltiples misterios, pero sobre todo orientado a camiñar entre a vida e a morte.

 Andrea Domínguez García 4ºC


Ningún comentario:

Publicar un comentario