mércores, 3 de agosto de 2022

The Great

Título: The Great

Autor/director: Tony Mcnamara

Ano de produción: 2020

Época e materia que reflicte: Absolutismo e ilustración.

Tema: O ascenso ao poder a Catarina a Grande de Rusia. Unha viaxe histórico e innovador a través da Rusia do século XVIII.

Comentario

The Great (baseada en la historia real del ascenso ao poder de Catarina a Grande), ofrécenos unha visión contemporánea da anticuada vida cortesá da Rusia do século XVIII. Detense no enfrontamento entre a  filosofía moderna de Catarina e as súas ansias por renovar a sociedade e cultura rusa e unha corte que resistese a cambiar o modo de gobernar e de vivir ruso polo europeo.

The Great centrase tamén  nos xogos e os pasatempos que afogan a Catarina o nivel de ela intentar escapar e intentar quitarse a vida.

Valoración final

Encontrámonos nunha serie baseada na historia de Catarina a Grande e o seu ascenso o poder ruso moi ben elaborada dende a elaboración da historia e dos personaxes ata a ambientación da historia.

É unha serie en si moi ben elaborada e fai entender como era a situación naquel momento en Rusia o atraso que tiña comparado ca política e a filosofía europea. Axuda tamén a entender como era naquel momento a situación da muller en Rusia.

Lucía Álvarez Natividad 4º A 

Ningún comentario:

Publicar un comentario