xoves, 4 de agosto de 2022

Los miserables


O título de esta película é “los miserables” está dirixida por Tom Hooper. Esta película en España foi estreada o 25 de decembro do 2012.

Esta película móstranos o período posterior a Revolución francesa século XIX. 

É un musical que nos fala da historia de Jean Valjean cando foi liberado despois de 19 anos. Está inspirado na novela de Victor Hugo “les miserables”.

Esta historia trata jean Valjean que estivo como prisioneiro durante 19 anos, por robar un anaco de pan para darlle de comer ao seu sobriño, e por fin el liberado, graza a o señor dun mosteiro que “lle deu diñeiro” e a o seu esforzo consigue ter unha vida moito mellor como alcalde. Pero Javert que era o que vixiaba prometeu que o levaría de novo a prisión. Mais tarde el coñece a unha muller que está apunto de morrer e vese coa necesidade de axudala, este se fai cargo da súa filla Cosette que traballaba nunha posada pero non a trataban moi ben.

Valoración:

Paréceme unha película moi interesante para aprender doutra maneira a situación de Francia despois da Revolución francesa. O final gustoume moito, aínda que é moi triste. Recomendaría esta película a calquera persoa que lle gusten os musicais e queira aprender un pouco mais de como vivían as persoas nas cidades nesa época. 

Noemí González Sordo 4ºC

Ningún comentario:

Publicar un comentario