mércores, 3 de agosto de 2022

Tramontana


Director
: Carlos Pérez Ferré.

Ano de produción: 1991

Época e materia que reflicte: 

Ano 1231, cando o rei aragonés Xaime I, o Conquistador, tenta conquistar o territorio valenciano, que o final consegue sen batallar. No 1238.

Tema

Un grupo de colonos pretende chegar á terra prometida liderados por Herauld, dita rexión era Burriana, no ano 1233 ata que finalmente unha vez alcanzada, téñense que alistar o exército e conquistar Valencia. O chegar encóntranse que o rei non opón resistencia e tampouco hai motín porque o rei permítelle que se vaian e leven o que precisen (Batalla de El Puig) contra o rei musulmán Zayyan, que se rende abrindo as portas.

Comentario

Neste filme ensínanos unha das medidas para repoboar os territorios conquistados durante a Reconquista da Península Ibérica no século XIII, que era mediante o traslado de persoas cristiáns as cidades recuperadas. Polo tanto, vese como un grupo de habitantes dos Perineos son trasladados a Burriana, por Don Gerau. Aínda que a viaxe non será moi tranquila, porque pasan por moitas penurias, miserias e fame.

Valoración Final: 

Esta película gustoume porque con ela aprendín as penurias que os cristiáns pasaban para a conquista dos pobos.

Como pasaban fame e ofrecían a comida por racións a cada habitante. Como non se sabía dos familiares alistados no exercito como soldados ata que regresasen. Dámonos soldade dos que partín e dos que quedaban angustiados esperando a súa volta.

Sen embargo coido que as roupas e as paisaxes non eran moi favorecedoras neste filme, ou o director quixo amosar a pobreza reflexando a sinxeleza no vestiario e a escaseza de paisaxes fermosas


Xurxo Rodríguez Rodríguez 2º D

Ningún comentario:

Publicar un comentario