Vou comentar o libro El sí de las niñas de Leandro Fernández de Moratín.
Esta obra estrenouse o 24 de xaneiro de 1806 no Teatro da Cruz de Madrid. Dende finais do século XVIII, en España e no resto de Europa os ilustrados e reformistas estaban a favor do desarrollo e da industrialización. España tiña condicións favorables para isto, pero o escaso desarrollo da burguesía emprendedora, a excesiva mentalidade rural e máis condicións desfavorables, fixeron que tardase esa industrialización. Na primeira metade do século XIX dá comezo esa industrialización coa construción dos altos fornos de Marbella e as fábricas téxtiles de Cataluña. Esta situación, aínda que fora a presente na sociedade nese momento, non se mira nesta obra de Moratín. Este autor neoclásico preséntanos a situación dun casamento entre unha nena e un home que case lle cuadruplica a idade.
Esta obra de estilo claramente neoclásico, móstranos unha unidade de lugar concreta, nunha posada de Alcalá de Henares; unha unidade de tempo inferior a 24 horas, que vai dende as sete da tarde ata as cinco da mañá da mañá seguinte; e unha unidade de acción cunha única trama, os matrimonios concertados e desiguais, ese casamento entre Dona Francisca e Don Diego, un amigo da nai da rapaza, maior e adiñeirado. Dona Irene mira este casamento con fins máis económicos, xa que é pobre pero tamén pola sociedade, porque xa ela se casara cun home maior e rico cando foi rapaza e pensa que é o mellor.
A obra cóntanos o romance entre Don Carlos (o amante de Francisca e o sobriño de Don Diego) e Dona Francisca, quen, ó final da obra, despois deses 3 actos que a conforman, acaban xuntos coa aceptación de Don Diego e finalmente de Dona Irene, a pesar do seu descontento por esa rutura do matrimonio que ela concertara. A este romance tamén axuda Rita, a criada de Francisca. Aquí mírase que, por moi pobres que foran, tiñan criada, porque pertencían a un nivel social no que a apriencia é fundamental, a burguesía.
Na miña opinión, considero que esta obra está moi ben. Conta a opresión e falta de liberdade das mulleres nese momento para decidir sobre os seus matrimonio e sobre a súa vida. O libro é facil de entender e de ler, e queda ben claro o que quere contar e transmitir Moratín.
Violeta Pérez Castro 4º ESO-C
Ningún comentario:
Publicar un comentario