Título:
El médico
Autor/Director: Philipp Stölzl
Ano: 2013
Época e
material que reflicte: Século XI, Idade Media.
Comentario:
A película desenvólvese na Idade Media en Inglaterra,
onde encontramos ao protagonista, Robert Cole, que queda orfo trala morte da
súa nai, a que morre de apendicite máis coñecida na película como “ enfermidade
do costado”. Cole ao quedarse orfo decide ir a acompañar ao cirurxián -barbeiro o cal lle ensina recursos básicos
sobre a medicina. Un día o seu mentor sofre de cataratas o que fai que sexa moi
urxente operalo, entón vai a xunto dun médico xudeu que o opera. O protagonista
observa a operación dende fora da carpa xa que non lle deixaban estar presente,
el empeza a pensar que os xudeus teñen máis coñecementos sobre a medicina que
os cristiáns e empeza a interesarse pola relixión xudía. Todo isto, fai que el
emprenda unha viaxe cara á madrasa en Ifahán, de camiño adoita o nome de Jesse
Benjamín e á súa vez practica a circuncisión pola súa parte para poder facerse
pasar por xudeu xa que os cristiáns estaban proscritos, e polo camiño coñece a
Rebecca, coa que fai uns lazos de amizade que cada vez faranse máis fortes.
Cando chegou a Ifahán o seu novo mentor, Avicena,
ensínalle tanto medicina como filosofía. Despois dun tempo a poboación sofre
unha peste, e os médicos intentan
curalos pero sen éxito. Jesse descobre que todo isto é por mor da pouca hixiene
que ten o lugar, entón deciden crear un pesticida moi forte para matar as ratas
queimalas e queimar os corpos contaminados.
O protagonista segue investigando sobre o corpo humano
facendo unha disección dun corpo, ata que o pillan co corpo e acúsano de
infrinxir a norma do xudaísmo xunto co seu mentor por darlle permiso a pesar de
que el descoñece o que esta a facer Jesse, este descobre ante o tribunal que
non é xudeu senón cristiá pero eles non o creen. Pola outra banda, Rebecca
confésalle ao seu esposo o seu adulterio e condenaa a ser lapidada. Xusto cando
os ían decapitar, a Jesse e Avicena, aparecen os soldados do Shah, que sofre a
enfermidade do costado e pretende que Jesse o opere xa que é o único que coñece
a enfermidade.
Jesse e mais Avicena acceden a operalo, líbranse da
condena e liberan a Rebecca da lapidación.
As autoridades islámicas acusan aos médicos de traer o
“castigo divino” e expulsan os médicos, xudeus e alumnos da madraza que é
destruída. O Shah morre en combate, e Avicena toma un veleno que o leva á
morte, dicíndolle antes a Jesse que escape para ampliar os seus coñecementos e
dalos a coñecer.
Jesse regresa a Londres onde abre un hospital.
O que podemos observar nesta película e a diferenza entre
o cristianismo e o xudaísmo en canto a modos de vida e pensamento, o efecto da
peste nesa época e enfermidades que se descoñecían, outra cousa importante que
se observa é o avance dos coñecementos e como son castigados dependendo das
crenzas.
Valoración persoal:
A película pareceume moi bonita e interesante para
coñecer os distintos temas que se dan na mesma, como a medicina pouco a pouco
vai avanzando a pesar das limitación que lle poñen cada unha das relixións
polas súas normas.
Algunhas cousas particulares da película son as imaxes
fortes de cando abre o corpo ademais das distintas maneiras que usaban para
curar as persoas (cortar dedos, arrincar dentes,etc.)
María Vidal Rodríguez 2ºD
Ningún comentario:
Publicar un comentario