TÍTULO: “Os Bridgerton”.
AUTOR: É unha serie creada por Chris Van Dusen e está baseada nas novelas da escritora de bestsellers estadounidense Julia Quinn, pseudónimo de Julie Pottinger.
DIRECCIÓN: Chris Van Dusen (Creador), Sheree Folkson, Alrick Riley, Julie Anne Robinson, Tom Verica.
ANO DE PRODUCIÓN: 2020.
XÉNERO: Serie de TV. Os libros nos que está baseada a serie son novelas románticas , é un drama romántico de época, do século XIX. É unha adaptación da serie de novelas de Julia Quinn do mesmo título, cada volume da cal se centra nun membro da familia Bridgerton nomeada en orde alfabética.
DURACIÓN: Son oito tempadas como os oito libros co mesmo título de oito capítulos e cada un fala dun membro dá familia Bridgerton, cunha duración de 60 min. Esta é a primeira tempada.
PAÍS: O lugar de rodaxe é Uxbridge, Londres, pero é unha serie americana.
GUIÓN: Chris Van Dusen, Sarah Dollard, Janet Lin, Abby McDonald, Joy C. Mitchell, Julia Quinn.
PRODUTORA: ShondaLand.
PRODUTOR: Shonda Rhimes.
DISTRIBUIDORA: Netflix.
MÚSICA: Kris Bowers.
FOTOGRAFÍA: Jeff Jur, Philipp Blaubach.
REPARTICIÓN: Phoebe Dynevor, Regé-Jean Page, Golda Rosheuvel, Jonathan Bailey, Luke Newton, Luke Thompson, Claudia Jessie, Nicola Coughlan, Ruby Barker, Sabrina Bartlett, Ruth Gemmell, Adjoa Andoh, Polly Walker, Bessie Carter e Harriet Cains. Ademais, tamén participa Julie Andrews, a actriz que deu vida a Mary Poppins, pon a voz en off a Lady Whistledown, a escritora anónima que ninguén coñeces e que a través dunha revista social relata todo o ocorre na alta sociedade.
ÉPOCA E MATERIA QUE REFLICTE: A historia desenvólvese en Londres no século XIX, concretamente na alta sociedade da Rexencia londiniense (1813 e 1827), na época do ano en que as mulleres eran presentadas na Corte e empezaba o cortexo e a carreira por atopar un esposo e o seu valor como moeda de cambio e negocios entre as grandes familias londinienses. A Inglaterra do século XIX foi unha época de prosperidade para a nación, estivo marcada pola Revolución Industrial, a cal provocou grandes avances económicos e tecnolóxicos. Durante este período, xurdiu unha gran cantidade de eventos históricos que fixeron de Inglaterra un país moderno e poderoso. A Revolución Industrial iniciouse no ano 1760 e terminou a mediados do século XIX, este momento histórico impacto de maneira positiva o ámbito político, económico, cultural, social e científico de Inglaterra.
Pero a principal diferenza radica en que a pesar de ser un retrato da sociedade inglesa, Shonda Rhimes trae personaxes de cor como a reina, os nobres e os altos cargos da sociedade nun momento da historia onde só podían ser serventes, escravos ou mordomos , totalmente ficción e a Lady Whistledown como moza indiscreta cos seus panfletos, algo impensable na época.
Tamén se refire aínda que só de raspallón a Wellington (nomeado duque polas súas conquistas e que conseguiu derrotar a Napoleón), e as súas batallas napoleónicas (1808-1815), cando foi enviado a España a loitar contra a invasión francesa, ao nomealo a él e aos soldados británicos, conseguindo na batalla de Leipzig a caída de Napoleón e a restauración dos Borbóns, tanto en España con Fernando VII, como en Francia con Luís XVIII. E como liderou e coordinou as actuacións da nova alianza que culminou na batalla de Waterloo no ano 1815, despois de que Napoleón escapase da illa de Elba retomando o poder absoluto do Imperio durante cen días, nos que volveu atemorizar a toda Europa.
E tamén saen reflexados os nobres como donos de grandes explotacións de terra, e como os campesiños dependían dos nobres para vivir nas súas terras a cambio do seu traballo.
TEMA:
É unha serie dramática de época, ambientada no mundo da alta sociedade de Londres durante o período da Rexencia cando as rapazas debutantes eran presentadas na corte e definían a súa situación matrimonial.
COMENTARIO: É interesante notar que a adaptación non é completamente fiel ao libro. Aínda que isto adoita ser prexudicial neste caso non o é, a adaptación da novela deulle frescura, renovando moitos aspectos. As nais das rapazas presentadas en sociedade son mulleres ambiciosas, e queren que as súas fillas terminen ben casadas, que é o que se esperaba delas naquela época. Por sorte, os tempos cambiaron, e as mulleres téñeno máis fácil hoxe.
O personaxe de Daphne enfróntase reclamando o poder de decisión e fai saber que ela é totalmente capaz de elixir con quen, como e por que tomar as decisións sobre o seu futuro do que o seu irmán benefíciase por ser home. E como a serie sutilmente fai que Daphne denuncie á súa nai a falta de información sexual que nunca lle deu e que foi descubrindo a través da súa parella “o duque”.
Os vestiarios non pertencen a época realmente.
A repartición vai máis alá de cubrir a cota de actores negros para parecer inclusivo. Isto mostra o que sería a realeza e a alta sociedade sen prexuízos de raza. O mellor é que non só expón unha sociedade ideal no aspecto racial, senón que aborda especificamente o tema e sutilmente faio parte da trama. Importante a química entre os protagonistas.
E moi sutil a maneira na que quita momentaneamente o foco dos protagonistas para poñelo noutros personaxes. Ademais ofrece momentos de moito humor con enredos caóticos e unha ollada máis profunda aos personaxes polos cales chegamos a sentir empatía, en especial ás familias Bridgerton e Featherington.
O personaxe de Eloise (a irmá pequena de Daphne) é contrario a Daphne, xa que quere ser independente e unha escritora de éxito, está constantemente enfadada xa que non entende porque a muller ten que estar a depender dun home e non pode vivir a súa vida como quere, cuestiona continuamente o papel da muller e as súas funcións.
VALORACIÓN FINAL:
Gústame a trama que se xera con Daphne e o duque e os personaxes secundarios e o trato que se lle dá ao feminismo. É de valorar positivamente que mesturasen razas distintas, tamén que destaquen esa parte feminista aínda que ao final estea baseada no patriarcado e tamén lle dea un toque á heterosexualidade aínda que bastante sutil. Non é unha serie que che impacte como tal, pero se nos pode ensinar bastantes cousas, como se trataba á muller naquela época e como aínda hai secuelas dese trato.
Se che gustan as novelas de Jane Austen, esta serie é para ti. Sobre todo non te perdas ao “duque” un personaxe importante na serie.
Se a vas a ver, mira o erro da serie: As liñas amarelas que aparecen na estrada e empregábanse para marcar as zonas nas que non se podía aparcar, empezaron a utilizarse un século despois en Gran Bretaña.
Lucía Carrera Fernández 4ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario