Título: O home da máscara de ferro.
Autor/Director: Alejandro Dumas/ Randall Wallace.
Ano de produción: 1998.
Época e materia que reflicte: Séculos XVII-XVIII, (momento en que Francia sufría unha crisis debido a falta de alimento)
Tema: A película conta como Philippe (tamén coñecido como o home da máscara de ferro), trata de arrebatarlle o trono ao seu irmán, o cal era un rei avaricioso, irresponsable e irrespetuoso, coa axuda de catro mosqueteiros os cales, tres de eles, planearon o seu rescate e a súa subida ao trono. Comentario: A historia comeza cando Luís IV decide enviar a Raúl, fillo de Athos, a primeira fila na guerra, para así poder quedarse coa súa amada Christine, logo de morre este, Athos como venganza decide ir en contra do rei. A súa vez, na historia, a Aramis (amigo de Athos e mosqueteiro retirado), encárgaselle a misión de matar ao xefe da orden dos Xesuitas, dando a coincidencia de que é el mesmo. Este decide convocar unha reunión entre os catro mosqueteiros retirados (agás Artagnan, o cal converteuse no xefe dos mosqueteiros) e antigos amigos, Athos, Portos e Artagnan, para pedirlles axuda na súa labor, neste encontro Athos continúa enfadado con Artagnan, e cúlpao da morte do seu fillo, xa que él como líder dos mosqueteiros, "sabía" a posición no frente de Raúl, e non fixo nada para poder trasladalo as filas de atrás. Deixando de lado a Artagnan, o cal decide seguir coa súa labor de protexer ao rei, os outros tres, deciden seguir o plan de Aramis e liberar ao home da máscara de ferro (Philippe), o cal estaba prisioneiro por orden dalgúns membros da realeza, a cal non querían que se dera a coñecer a existencia deste, debido a que era o irmán xemelgo de Luís IV. Nun intento de intercambiar ao rei, descúbreno, e rematan por capturar de novo a Philippe, dándose de conta Artagnan despois de que fora encarcelado Philippe,de que este era realmente o irmán do rei. Tras a noticia, Artagnan decide axudar aos seus amigos, os cales tratan de rescatar a Philippe. Xa ao final da historia atópanse acorralados, pero os antigos mosqueteiros logran gañarse o respeto dos novos tras unha batalla, e estes néganse a seguir pelexando, facendo que Luís decida atacar el mesmo ao seu irmán e provocando a morte de Artagnan cando este trata de impedilo poñéndose no seu camiño. Para rematar, os presentes xuran gardar silencio do que aconteceu nese momento, Philippe finalmente logra suplantar ao seu irmán, o cal se lle é colocada a máscara e mandado a prisión.
Conclusión: O home da máscara de ferro narra unha historia a cal aconteceu na realidade, pero que tamén ten partes ficticias, en sí, o guión está moi ben feito xa que é sinxelo de entender, facendo que perderse na película non sexa doado e facilitando así a súa comprensión. Ao meu parecer, ten unha boa trama, pero hai partes que poden chegar a ser un pouco subrealistas.
Dubra Outeiro Veiga, 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario