xoves, 4 de agosto de 2022

Los últimos zares


Título:
Os últimos zares.

Autor/director: Adrian McDowall Gareth Tunley

Ano de produción: 2019

Época e materia que reflicte: Revolución Rusa 1917

Tema: De como o zar Nicolás II, leva a Rusia á ruina seguindo os consellos de Rasputin e desencadeando a revolución rusa.

Resumo:

A principios do século XX, o tsar Alejandro II morre , polo que o seu fillo Nicolás convírtese en tsar de toda Rusia. Este é un mozo que non ten experiencia en reinar polo que pouco a pouco rodeado de malas compañías levara a Rusia a unha revolución.

No primeiro capítulo podemos ver o funeral de Alejandro II , pero logo xa vemos como a nai de Nicolás intenta buscarlle unha esposa, e a encontra, Alejandra Fiódorovna Románova ( de orixe alemá) sería a esposa do tsar ata a súa morte, e tamén sería unha das responsables de todo o que saiu mal no imperio.

Nicolás e Alexandra teñen 4 fillas , pero ningunha poderá continuar a dinastía xa que son mulleres. Polo que intentan varias veces ter un fillo varón, e o consiguen, pero este posúe unha condición chamada a hemofilia , que se caracteriza polo desangramento rápido por un mínimo corte , polo que o futuro tsar non podería ir a guerras , tería que ir escoltado etc ou sexa un pesadelo para a dinastía Romanov. Non pensaron en intentar ter máis fillos , porque Alexandra xa estaba un pouco vella .

Un día Alexei , vai ao campo e faise unha ferida , polo que empeza a desangrarse moi rapidamente , os zares enloquécense pero ningún médico pode axudalo. Ata que aparece Rasputin, él era un místico orixinario de Siberia, e que era famoso por curar todo. Nicolás púxose en contacto con él , sen saber que este levaría ao seu imperio a perdición.

Este salva a Alexei , polo que a zarina está nun estado de gratitude con él, e comezase a achegar a él. Rasputin ten unha gran influencia sobre Alexandra e esta sobre o tsar , polo que Rasputin facilmente pode manipular a esta familia real. O pobo ruso decátase disto e empezan a dicir que a zarina ten relacións con Rasputín etc o que leva a Nicolás a botar a Rasputín fóra.

Alexei volve a caír , polo tanto necesitará a axuda de Rasputín , Nicolás é obligado a traer ao místico de volta e así comeza un círculo vicioso que desencadeará a revolución das clases populares a causa das malas reformas do tsar influenciada polo monxe. 


Valoración:

Esta serie pareceume moi boa xa que explica bastante ben como foi desencadeada a revolución de 1917.A parte, a medida que transcurre a serie, hai historiadores polo medio que explican como era en realidade todo. Non acabeime a serie (por iso faltanme outros aspectos históricos) pero a recomendaría moito.

Ana Bernárdez Colaci 4C

Ningún comentario:

Publicar un comentario