xoves, 4 de agosto de 2022

Un pueblo y su rei


Título
: Un pueblo y su rei

Director: Pierre Schoeller

Ano de producción: 2018

Época e materia que refllicte: Esta ambientado dende o ano 1789 en Francia, ata onde acaba a revolución francesa que é o que reflicte esta película.

Tema: Trata principalmente da revolución francesa dende a toma da Bastilla, ata a decapitación do rei Luis XVII, da un punto de vista xeral de todas as clases socias que existían nestas épocas, dende o rei, os burgueses e o pobo que é o máis discriminado. Vai explicando cada etapa da revolución paso a paso.

A película dende o meu punto de vista, como dixen antes, está ambientada dende todas as perspectivas, pero creo que se centra máis na do pobo. Facendo entender a súa situación e o motivo de todas as súas revolucións. Enténdese moito mellor o contexto, porque explica a situación de cada clase social, como a do Rei, nunha escena, onde fai comprender a situación de angustia que ten, por non estar á altura da súa anterior xeración e non conservar o Reino. Tamén explica moi ben a situación dos Sans-culottes que eran neste momento os máis discriminados, demostrando o desesperados que estaban por non contar con medios suficientes. De feito, pon como exemplo os protagonistas, que forman parte do pobo revolucionario.

En xeral creo que esta película é moi boa para contextualizarse nesta importante etapa histórica. O que máis me gustou é como ensina cada situación social, e tamén como explica e como indica cada etapa na que se vai asentando. Tamén me gusta a posta en escena, tanto a da asamblea como o feito de que gravaran no palacio real de Versalles.

Sabela Saad Gómez 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario