xoves, 4 de agosto de 2022

Frantz


Película: Frantz

Esta película trata durante a época de entreguerras. Conta a historia de Anna unha xoven alemá a cal perdeu o seu prometido na guerra, e Adrien un xoven francés o cal tivo un encontro con Frantz (o prometido de Anna).

Adrien va un día a Alemaña ca intención de encontrarse ca familia de Frantz e contarlle unhas cousas del.

O pai de Frantz, que é medico, consultou sen saber que era francés, cando descubriu que era francés negouse a seguir falando con el, debido a que lle bota a culpa aos franceses da morte do seu fillo.

Anna termina tendo sentimentos cara Adrien, pero Adrien segue gardando un segredo que sabe que no momento no que o conte, xa non tería o cariño de Anna e o aprecio dos pais de Frantz, xa que este contoulle que era amigo do seu fillo, e que estivo con el antes de morrer.

O segredo que este tiña era que non coñecía de todo a Frantz e que el foi que o matou na guerra, pero sentiuse moi culpable sobre iso e decidiu coñecer a familia da persoa que matou para intentar superar ese recordo.

Adrien contoulle o segredo a Anna pero Anna non llo contou aos pais de Frantz, xa que sentía que el non tiña a culpa, era o que tiña que facer neses momentos.

Anna volveu a Paris onde supostamente esta Adrien para falar con el, pero este non estaba alí, buscou e investigou ata que deu con el. 

Pero Adrien estaba xa prometido, e o seu amor era imposible.

Opinión. 

Parece unha película bastante boa na cal se mostra como pasaron ambos bandos enfrontados na 1 Guerra Mundial.

Como o pasaron os familiares dos falecidos e como o pasaron os militares e as persoas que participaron na guerra, e o trauma que puideron ter algúns. 

Yanira Rodríguez Fernández 4ºC

Ningún comentario:

Publicar un comentario