Autor/ director: Joe Johnston.
Ano de produción: 2011 en Estados Unidos.
Época e materia que reflicte: Segunda Guerra Mundial.
Tema:
En 2011, un grupo de investigadores explora o Círculo Polar Ártico e descobren os restos enterrados dun avión grande. Mentres investigan no interior da aeronave, dous dos investigadores descobren un obxecto conxelado e circular con adornos de cor vermella, branca e azul.
En marzo de 1942, Johann Schmidt, o oficial ó mando da división nazi HYDRA (organización autoritaria terrorista-penal-paramilitar dedicada á dominación mundial ) e seus homes invaden unha igrexa antiga en Tønsberg( Noruega ), en busca dun artefacto misterioso e cósmico coñecido como o Teseracto, que posúe poderes incalculables. O descubrir a verdadeira localización do Teseracto, Schmidt mata o encargado da igrexa xunto con todos os demais do pobo.
Na cidade de Nova York de 1943, Steven Rogers é rechazado unha vez máis polo servicio militar da Segunda Guerra Mundial, a pesar de facer varios inventos en diferentes oficinas de alistamentos, debido os seus numerosos problemas de saúde e o súa débil resistencia física. Mentres asiste a Exposición Mundial del Mañana co seu amigo James Barner, Rogers intenta alistarse novamente. Despois de oír accidentalmente unha conversación entre Rogers y Barnes sobre o seu deseo de axudar na guerra, o Doctor Abraham Erskine aproba a solicitude de Rogers para alistarse como candidato do Proxecto Renacemento, un experimento desenrolado pola Reserva Científica Estratéxica baixo a supervisión de Erskine, o Coronel Chester Phillips e a axente inglesa, Margaret Carter.
Durante o adestramento básico, o coronel Phillips non esta convencido das afirmacións de Erskine de que Rogers sexa a persoa adecuada para o procedemento, pero finalmente o acepta despois de ver que Rogers comete un acto de valentía. A noite antes do tratamento, Erskine revela a Rogers que Schmidt se administrou unha versión preliminar do soro que estaba desenrolando e padeceu efectos secundarios negativos, debido a súa ambición interna polo poder e a obsesión por converterse nun "home superior". Pero, asegura que elixiu a Rogers porque cría que era un bo home e que, por ser débil toda súa vida, non perdería o respecto pola forza que gañaría.
En Nova York, Erskine foi asistido por Howard Stark, quen somete a Rogers o tratamento do Súper-Soldado, pondo nunha cámara especial onde se lle inxecta o Soro do Súper Soldado e se administra "raios vita". Rogers emerxe dende a cámara cun físico mellorado. Despois de presenciar con éxito o experimento, un dos asistentes revelase como un dos cómplices de Schmidt, Heinz Kruger, quen lle dispara a Erskine, causándolle a morte.
Kruger agarra o último frasco do Soro do Súper Soldado e escapa das instalacións nas calles de Nova York. Rogers comenza a perseguir Kruger, quen marcha nun automóbil, usando a súa nova forza e resistencia ó correr.
A pesar de intentar escapar nun submarino, Rogers logra capturalo, pero o frasco do Soro do Súper Soldado rompese e o asasino de inmediato suicidase cunha cápsula de cianuro antes de que poida ser interrogado para obter información.
Con Erskine morto e a formula de Súper-Soldado perdida, a SSR recibe a orde de unirse á guerra, pero, Philips decide deixar atrás a Rogers e lle permite ós científicos estudalo nun intento de redescubrir a fórmula de Erskine. O Senador Brandt acercase a Rogers e lle ofrece a oportunidade de recorrer a nación para promover as inscricións no exército, ca imaxe dun soldado forte, un símbolo ideal para o público; Rogers de inmediato acepta a proposta. Durante o seu traballo nos espectáculos, Rogers interpreta a un personaxe coñecido polo público como o "Capitán América". Mentres Rogers continúa de xira por todo o país, o Capitán América empeza a ganar unha gran popularidade entre o público, facendo que a súa imaxe teña aparicións en películas, cómics, e incluso un programa de radio. Co tempo, Rogers empeza a cansarse de desfilar e de non ter un papel máis directo na guerra en comparación os outros que loitan activamente.
Pola súa parte, Schmidt presenta o seu novo armamento impulsado polo Teseracto a tres oficiais nazis enviados para supervisar o seu funcionamento, Schmidt utiliza a arma para matar os oficiais despois de que un destes se dera conta de que Alemaña era un dos obxectivos. Schmidt utiliza este momento para declarar a súa secesión do Tercer Reich, alegando que HYDRA crecería á sombra de Hitler. HYDRA continua sacando enerxía do Teseracto e utilizándoa para crear unha variedade de armas, integrándoa nunha gama de vehículos e outras tecnoloxías, dándolle lixeiramente á facción el potencial para converterse nunha gran ameaza para a guerra, e o mundo en xeneral.
En 1943, mentres estaba de xira en Italia realizando un acto para os militares activos, Rogers enterase de que a unidade do seus amigo, James Barnes, perdeuse nunha batalla contra as forzas de Schmidt. A pesar da insistencia do Coronel Philips na validade da situación, Rogers se nega a crer que Barnes este morto e decide montar una misión de rescate en solitario, recibindo axuda da Axente Carter e Stark, quen o transporta no seu avión ata as liñas inimigas.
Rogers arregalarase para colarse na fábrica principal de HYDRA, onde encontra e libera a maioría dos soldados cativos e comenzan un motín para escapar. Durante o conflito, Rogers descobre que nunha habitación separada, Barnes estaba sendo torturado, tras despertalo o axuda a escapar
con el.
Schmidt, vendo que os prisioneiros estaban escapando e Rogers mentres se move a través das instalacións, pon en marcha unha autodestrución da fábrica para cubrir as operacións de HYDRA e evacuar a outro centro.
Mentres o edificio empeza a detonar, Schmidt se enfronta a Rogers nunha pasarela alta onde termina revelándolle a Rogers o efecto que tivo despois de utilizar a versión non terminada do Soro do Súper Soldado. Schmidt expresa a súa convicción do que el está por encima dos seres humanos normais, antes de revelar que o seu rostro era so unha máscara, facendo evidente que a súa pel volveurse vermella, perdeu o cabelo e quedou desfigurado, accidente polo cal comenzaron a chamalo "Red Skull".
Schmidt y Zola logran escapar nun elevador, mentres que Rogers leva a Barnes a azotea onde ambos apenas arranxanse para saír da fábrica antes de reagruparse cos soldados liberados para devolvelos a la base.
Tras a liberación dos prisioneiros aliados, Rogers gana o respecto e recoñecemento dos seus oficiais superiores como soldado e se lle dá un alto rango, xunto ca oportunidade de loitar como o Capitán América, como unha figura clave na fronte da guerra que se opón directamente a HYDRA.
Rogers recruta a Barnes, Timothy Dugan, Gabe Jones, James Morita, James Montgomery Falsworth, e Jacques Dernier como parte da súa unidade especial coñecida como os Comandos Aulladores, para asaltar as demais bases coñecidas de HYDRA. Howard Stark equipa a Rogers con armamento avanzado, incluíndo un durable e cómodo uniforme, ademais dun escudo circular feito de Vibranio, un metal raro e case indestrutible.
Nos meses seguintes, Rogers e o seu equipo levaron unha forte ofensiva, sabotando diversas operacións de HYDRA, dando como resultado unha gran frustración por parte de Schmidt.
Máis adiante, o equipo asalta o tren que transporta a Arnim Zola. Rogers e Barnes se involucran nunha pelexa cos soldados no tren, ata que Barnes cae do tren cara un precipicio e aparentemente morre, mentres que Jones localiza a Zola no tren e o captura. Rogers profundamente afectado pola perda do seu amigo, é convencido por Carter de utilizar a súa dor como motivación para poñer fin a HYDRA dunha vez por todas. O uso da información extraída de Zola, axuda a localizar a última fortaleza de HYDRA, onde Rogers dirixe un ataque para deter a Schmidt antes de que este utilizara as armas que creou co Teseracto para destruír as principais cidades do mundo.
Ca axuda de Phillips, Rogers logra infiltrarse no avión bombardeiro de Schmidt antes de que este despegara por completo. Durante la loita seguinte, Rogers empuxa a Schmidt contra a máquina que conten o Teseracto, a cal queda gravemente danada e provoca que Schmidt tome cas súas mans o Teseracto, so para desaparecer tras converterse nun destello de luz. O cubo cae o so, derretendo todos os niveis inferiores o seu paso, para finalmente caer no océano da Terra. Vendo que non había maneira de aterrizar o avión sen resgo a detonar as bombas que contía, Rogers decide estrelarse. Momentos antes del impacto, Rogers se despide de Carter a través dunha radio e lle promete que bailarán xuntos durante os próximos días. Mentres conversan, a transmisión de Rogers se corta e Carter asume tristemente que el sacrificouse. Stark posteriormente dirixe varias expedicións no océano co fin de encontrar a Rogers, pero só logra recuperar o Teseracto do fondo do mar. Pero, todos os seus intentos foron inútiles, xa que non consigue atopar a nave estrelada de Schmidt.
Moito tempo despois, Rogers desperta nunha habitación ambientada nos anos 40. El deduce que algo anda mal, xa que el estivo presente no partido que se relata na radio. Rogers decide fuxir ata o exterior do edificio, onde se encontra cunha Times Square moderna na cidade de Nova York.
Momentos despois chega Nicholas Fury, quen lle informa que estivo durmido por case setenta anos. Rogers respira profundamente e tristemente revela que tiña unha cita.
Opinión persoal:
Esta película ambienta perfectamente a época, é unha peli que me gustou moito.
Sabela Fernández Puga 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario