xoves, 4 de agosto de 2022

Gambito de dama


TÍTULO: GAMBITO DE DAMA.

AUTOR: Walter Tevis

DIRECCIÓN: Scott Frank

ANO DE PRODUCIÓN: 2020

XÉNERO: Serie de TV. Drama. Xadrez. Guerra Fría. Años 50- 60.

PAÍS: Estados Unidos.

GUIÓN: Scott Frank.

ÉPOCA E MATERIA QUE REFLICTE: Kentucky, anos 60. En plena Guerra Fría, a moza Beth Harmon é unha orfa cunha aptitude prodixiosa para o xadrez, que loita contra as súas adiccións mentres trata de converterse na mellor xogadora do mundo gañando aos grandes mestres, en especial aos rusos.

A historia, baseada nunha novela de Walter Tevis de 1983, escolle moi ben a época: o mundo do xadrez profesional nos cincuenta e os sesenta, cando pasa de converterse dun entretemento para universitarios a un reflexo das tensións políticas entre Estados Unidos e a Unión Soviética. E cóntanos un mundo árido para as mulleres, sobre todo a protagonista, metida nunha contorna masculina onde historicamente poucas mulleres chegaron a destacar.

Este ambiente tan especial está reflectido na serie, non só reflectindo os ambientes do xadrez, senón tamén os centros comerciais onde se dan cita as amas de casa dos suburbios, os medios de transporte e os hoteis de luxo. É moi fiel aos costumes e os modos do xadrez da época.

TEMA:

 Cóntanos a carreira no xadrez dunha nena, que aprende a xogar nun orfanato co bedel, en plena Guerra Fría.

 COMENTARIO: 

En termos xerais, aínda que a serie tómase as súas liberdades, nótase que hai expertos detrás asesorando. Púxose moito mimo na recreación da época e dun deporte a miúdo maltratado. Tamén mirase os problemas entre rusos e americanos pola Guerra Fría e como era moi importante ganar esas partidas como poder político, e como moitos rusos querían abandonar Rusia para nunca volver. Y como en Rusia es moi importante o xadrez. E estou contenta de vivir nesta época, porque vexo como a muller non contaba para nada en anteriores épocas e esta non podía ser menos.

Esquiva abundantes tópicos das historias de nenos prodixio. E non me gustou como para que os nenos non molestasen nos orfanatos, os medicaban drogándoos, provocándoos adicións. Aínda que os estados mentais extraordinarios son complicados de plasmar en imaxes ,e facelos comprensibles para o público, nesta serie conségueno. Encántame a idea do taboleiro no teito que Beth imaxina para memorizar e planificar as partidas e tamén gústanme as montaxes musicais. Tamén me gusta moito como humaniza aos xogadores converténdoos en superdotados excéntricos e faios intercambiar diálogos técnicos sobre partidas, onde o espectador que non sabe xadrez non perde o fío das partidas. Porque, realmente, non é necesario entendelas ao detalle para comprender aos protagonistas.

VALORACIÓN FINAL:

 Gambito de Dama é unha historia que encara todos os seus temas con profundidade, consideración, e elegancia. O guión evita caer no melodrama, aínda cando a trama poida xustificalo, e mantense moderada nos seus conflitos, a pesar de que a protagonista atravesa toda clase de loitas, tanto psicolóxicas como sociais. Desde os traumas da súa infancia por mor do abandono e a saúde mental da súa nai biolóxica, ata a súa adicción con substancias, o que leva a causarlle problemas con amigos e amores. Esta serie para min transmite toda a competitividade e esixencia mental do xadrez de alto nivel, combinado cos conflitos do momento entre rusos e americanos. Para min o xadrez nunca foi tan entretido e emocionante como cada vez que ela senta fronte a un taboleiro. Encantoume e recoméndoa.

Lucía Carrera Fernández 4ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario