Título: Braveheart
Director: Mel Gibson
Ano de produción: 1995
Época e materia que reflicte: está ambientada no século XII, durante a primeira Guerra de Independencia de Escocia.
Tema:
Trata de coma un campesiño, mirando os abusos dos que o rei inglés somete aos seus compatriotas escoceses, e levado polo espírito de vinganza, logra reunir un exército para loitar contra a dominación inglesa, para defender a súas liberdades.
Comentario:
Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a cantidade de traizóns que houbo durante todo o filme. Tamén o pouco valor que tiña a palabra dada, ou a visión como estratego militar que tiña un campesiño como William Wallace. Outra cousa podería ser a cantidade de discursos e frases grandilocuentes que se reproducen na película.
Valoración:
A min a película pareceume un pouco longa, pero é moi entretida. Ao principio o argumento vaise desenvolvendo de forma lenta, aínda que unha vez que avanza un pouco, xa se reproduce todo bastante rápido. Gustoume moito, ten partes moi graciosas, outras mais tristes, pero en sí, é moi divertida. Tamén conta cunha actuación incrible dos personaxes e unhas paisaxes extraordinarios, sen dúbida eu doulle un 10/10.
Ivana García Gómez 2ºD
Ningún comentario:
Publicar un comentario