mércores, 3 de agosto de 2022

Le roi danse


Título
: Le roi danse 

Autor/director: Gérard Corbiau 

Ano de produción: 6 de decembro do 2000 (Francia) 

Época e materia que reflicte: Francia no século XVII na que Luis XIV representa o cume do absolutismo francés. 

Le roi danse é unha película Biográfica que trata sobre o vínculo creativo entre dous apoteósicos artistas: Giovanni Battista Lully compositor da corte e mestre de danza, que encontra en Luis XIV a inspiración para crear a personalidade do Rei Sol e Juan Baptiste Poquelin, alias Molière. A película é un «flash-back», narra a vida de Lully, comezando coa súa morte. A acción empeza un día mentres agardaba coa súa orquestra a chegada do Rei para interpretar o “Te Deum” , entón, accidentalmente, cravouse no pé o bastón co que a dirixía. Levárono ferido ata a súa casa, coa idea de amputarlle o pé para cortar a gangrena, pero el opoñíase xa que aparte de músico, Lully era un excelente bailarín, e para el perder unha perna era inconcibible. Inmerso, na dor, lembra os seus últimos momentos de vida reflectidos nunha historia de “amor” entre un rei egocéntrico e o seu compositor, que lle dá a súa vida. Lembra cando empezou a gañar a confianza do novo monarca Luis aos 14 anos, en 1653, regalándolle uns zapatos especialmente deseñados para o ballet “de la Nuit”. Trala morte do cardeal Mazarino, Luis IVX toma o poder en 1661 e faise soberano absoluto, á vez que vemos a súa atracción pola música e pola danza, está en xogo o establecemento relixioso creado e controlado por súa nai Ana de Austria, o “Palais-Royal”. O rei é sublimado polas notas máxicas e vibrantes de Lully, pero a harmonía rómpese, cando o rei descobre que perde a súa flexibilidade e axilidade, a pesar dos arranxos musicais ofrecidos por Lully .Xa non pode reproducir unha montaxe, é forzado a renunciar a súa arte favorita, definitivamente, o baile. Polo tanto Lully mostrase infeliz e impotente ante a posibilidade de perder as súas funcións e privilexios. Luis XVI ordena a Lully e Molière para que traballen xuntos para o seu entretemento. Lully inicia cunha toma gradual do poder. Montaron comedias-ballets pero con todo, Molière é o artista máis notable do rei, Lully celoso e furioso, procura desacreditalo. As súas relacións apáganse e vai tomar as rendas aparecendo ante o rei e esixindo o monopolio da presentación de novas óperas nos teatros, finalmente convence ao soberano e dálle o monopolio. Lully proclamará o seu triunfo ante Molière, privándoo dos seus músicos ata as obras que escribiron por privilexio real, e que agora pertencen exclusivamente a Lully. Molière, xa moi enfermo, refuxiarase na creación do seu último traballo, "O enfermo imaxinario", morrendo pouco despois. Comeza, entón, o éxito de Lully como compositor de óperas, pero québrase ante un rei fatigado con desexo e fame de novidades. En 1687 morre, no palacio de Versalles, o único comentario da súa maxestade foi: "... non imos ter música esta noite?

Tanto os traxes como os ambientes contribúen ao feito de que a película ten un toque de realismo. Expón a adición de Luis XIV sen abordar outros aspectos da súa vida como monarca absoluto. A coreografía é brillante e espectacular, a música desempeñou un papel moi importante na vida do monarca, acompañouno a todas partes e en todos os momentos do día. A énfase da danza crea unha especie de coreografía durante toda a película, particularmente nos movementos dos dous personaxes principais, Lully e Luis. A película ofrece unha suntuosa descrición da Corte Real, no que abundan as intrigas, traizóns e asasinatos. O vestiario é notable en concordancia histórica, variedade de formas, porte e cor, moitos tecidos sintéticos brillantes e xoias, que son certamente deslumbrantes. O director mesturou maxistralmente a arte e a política: o desafío de asociar ao Rei Sol cun personaxe dedicado á arte de danza e a música ten éxito. A película permítenos ser testemuña da planificación dos xardíns de Versalles e Luis XIV que foi quen creou Academia Real de Danza en 1661.

Andrea Domínguez García, 4º C

Ningún comentario:

Publicar un comentario