xoves, 4 de agosto de 2022

A zona gris


Título original
: The Grey Zone 

Autor/director: Tim Blake Nelson

Ano de produción: 2001 

Época e materia que reflicte: A segunda guerra mundial, no maior xenocidio do século XX,

Tema:

A película describe a realidade vivida no campo de concentración de Auschwitz en 1944, na que un grupo de Sonderkommando (comando especial) xudíos foron obligados a guiar os seus compañeros xudíos e incluso familiares ata a cámara de gas para ser queimados nos fornos crematorios e deixar limpa a zona para os seguintes, co fin de conseguir uns meses máis de vida e privilexios. Os sentimientos de culpa fan que planearan un motín como forma de redención para destruír o crematorio IV e escapar, cos explosivos que lograron extraer as mulleres das fábricas de armas. Ao prepararse na rebelión, un xudeu do grupo da unidade encontra a unha rapaza de catorce anos que sobrevivíu a cámara de gas, e intenta por todos os medios salvala. O levantamento non saíu como o previsto e os superviventes foron matados un a un, a rapaza incluida.

Análise

O Terceiro Reich implantou o obxectivo primordial na reforma racial en Europa. O antisemitismo exerceo un rol primordial, no que, aclamaba que os xudeos compoñían o orixe de todos os males, sinalábaos como «un fermento de descomposición», desconcerto, confusión, e «dexeneración racial», e a ameaza da revolución mundial….Auschwitz encontrábase en Polonia ocupada polos alemán e contaba con 3 campos incluido o de exterminio, no que morreron mais de 1.000.000 de persoas, nel o terror e o pánico estaba presente, mentras que no mundo a Segunda Guerra mundial estábase desenvolvendo. En 1945 cerrouse ao ser liberados polo exército soviético.

Os alemáns construíron tres campos de concentración una vez invadida Polonia. Auschwitz I creouse como campo principal en 1940, Auschwitz II en 1941, foi o que tiña maior número de prisioneiros, contaba con catro crematorios, Auschwitz III, os nazis forzaron aos xudeus para que traballaran nas fábricas de caucho sintético e combustibles. Os nazis decidiron evacuar os prisioneiros dos campos o 27 de xaneiro ao ver o avance do exército ruso. Uns 7.000 foron os supervivintes encontrados en condicions lamentables, marcados pola fame e o maltrato que sufriron. Abandonaron Auschwitz a pie, pero dada o estado físico e mental que tiñan non puideron seguir co camiño, desta maneira chamáronlle 'Marcha da morte'.

A película recrea baixo tódolos ángulos una realidade cruel que recrea uns horrores difícilmente superados pero realistas. Tim Blake soubo abrir a porta dun campo de concentración e desnudar sen tabús as escenas estremecedoras xamáis vividas, recreando perfectamente a situación da época, de tal xeito que somos capaces de percibir a tensión, o medo, a incertidume vivida polos actores e integrarnos na película grazas as cámaras que son os testigos das escenas e nas que te sintes atrapada nun inferno sen saída. A música recrea o camiño cara a morte e os gritos de desesperación que se convierten en xemidos e finalmente o silenzo fai que se pegue na pel. Somos os testigos dunhas crueldades, dunhas mortes masivas e incluso de torturas realizadas polos investigadores médicos en nenos, xemelos…

Blake conseguíu recrear con todos os detalles o estremecedor horror contado polas cámaras que simula unha realidade vivida sen escrúpulos, onde a vida non significa nada. As matanzas e a tortura son os temas principais desenvolvidas por unhas imaxes que vencen a dificultade moral. A loita pola supervivencia temporal fai que os Sonderkommando viviran obrigados a axudar a matar a cambio duns privilexios como a comida, mentres co resto dos reclutas eran mal ou pouco alimentados. Cada seis meses os nazis os mataban e os replanzaban por outros… Foto tomada de manera clandestina por un Sonderkommando, queimando corpos ao aire libre nunha fosa. É unha valiosa proba, xa que, moitas delas foron destruidas.

"Non estou triste porque vou a morrer, estou triste porque non poderei vengarme como quixera", escribió en noviembre de 1944.

Os membros dos comandos especiais tiñan que sacarlles os implantes de dentes de ouro, obxetos de valor antes de metelos nos crematorios. .

Tim Blake Nelson convertíu unha película nun documental a gran escala cos mínimos detalles ao descuberto, aínda así, a ficción nunca superará a realidade.

Andrea Domínguez García 4ºC

Ningún comentario:

Publicar un comentario