xoves, 4 de agosto de 2022

1898: Los últimos de Filipinas

1898 Os últimos de Filipinas é unha película dirixida por Salvador Calvo (un director de cine español, que naceu en Madrid) e estreada en decembro de 2016. A historia que conta está baseada na situación que sufriron os españois en terras Filipinas antes de perder este territorio. Como ben di o título, isto foi no ano 1898 (século XIX), pero a película reflícteo dende o século XX, intentando que se pareza o máximo posible á realidade. 

Esta película está baseada nunha versión anterior chamada Los últimos de Filipinas e estreada no ano 1945. O que esta nova versión pretende é reflectir como era a situación e a convivencia entre os españois nun territorio ameazante. Esta película comeza cando España envía unhas tropas militares (á orde do segundo tenente Saturnino) a Filipinas, especificamente á rexión de Baler. Cando estes chegan atópanse co sarxento Ximeno e co Frei Carmelo, que xa vivían alí. Entre todos os soldados que ían na tropa militar, podemos distinguir a Carlos. Este é un personaxe moi importante que sufrirá unha evolución psicolóxica notable. El era unha persoa que nunca fora á guerra, novata, á que lle gustaba a pintura. Un día chégalles á illa unha carta na que dicía que a Guerra cos Estados Unidos por ese territorio comezara e que ademais non ían recibir máis tropas. Polo que eran os únicos españois que quedaban en Filipinas (de aí o título da película). Os filipinos ao ver que España os vendera a Estados Unidos por 20 millóns de euros causaron unha gran cantidade de loitas entre os españois e eles. Durante todo o filme, móstrase cómo sobreviven os últimos de Filipinas nunha igrexa (a cal converteron en refuxio), sen ter alimentos frescos, collendo enfermidades por non alimentarse minimamente ben ou, finalmente, morrendo. É neste momento cando Carlos decide adentarse no territorio filipino para chegar a unha rexión na que poderá confirmar se unha carta que lles chegou, dicindo que xa perderan o territorio, é verdadeira ou non. Finalmente volve sen resposta, pero o exército que segue limitado na Igrexa acaba coñecendo a verdade. Que era que estiveran loitando durante 11 meses por un imperio español que xa caera.

Para o gusto que eu persoalmente teño sobre as películas de historia, este é un filme que me gustou. Penso que é porque nel fálase dun acontecemento relativamente preto á actualidade. 

Ademais o feito de que estea interpretado por actores actuais e de que sexa bastante recente apórtalle un punto de interese pola miña parte. Porque son actores que eu coñezo e que me parece interesante que ademais de facer películas de humor e doutros xéneros, tamén fixeron traballos relacionados coa historia. O tema do imperialismo (que é o que trata), foi un dos que máis me gustou, polo que é un punto a favor da película. Se tivese que darlle unha nota numérica sería un 8.

IDAIRA LÓPEZ GONZÁLEZ 4ºESO-C

Ningún comentario:

Publicar un comentario