xoves, 4 de agosto de 2022

Adiós a la reina


Ano
: 2012

País: Francia

Director: Benoît Jacquot

Xénero: Drama

A película preséntanos a Agathe-Sidoine, a lectora da raíña de Francia María Antoñeta. Esta muller vive de primeira man os acontecementos na corte ao darse a noticia da revolución.

A película sitúanos un 14 de xullo de 1789, día no que se toma a Bastille, ao principio móstrannos como é a vida que fan en Versailles e como sucede o día, pero á seguinte mañá,coa noticia da toma da Bastille, empeza a notarse alteración na xente, a cal empeza a pensar en como reaccionar #ante a revolución do pobo.

Ante isto atopámonos cun panorama como leste: o rei empeza a tomar medidas, dando un discurso para acougar á xente no cal se mostra como unha persoa normal de vestimenta, moito nobres empezan a mobilizarse, fuxindo cara a outros países, como Suíza, e nosa protagonista, mentres tanto, vese decidida a quedar coa raíña, chegando a pasar tres días seguidos con ela, os cales serían os últimos que pasarían xuntos. 

Ao final, e por ordenes da raíña, acábase marchando de Versailles, xunto á Duquesa de Polignac, disfrazada desta última, a cal era a amante da raíña, para así poder asegurar a súa seguridade.

Esta película gústome a secas, porque aínda que tivese unha trama interesante e un bo argumento, non me engancho nin fixo que me gustase máis un personaxe que outro. Esta é unha boa película, aínda que me parece que se lle dá demasiada importancia a algúns personaxes que non o merecen, como Paolo, e ás veces é un pouco difícil de crer a velocidade á que cambian algunhas persoas de parecer.

Dous personaxes, que me gustaron sobre os demais foron: Madame Compan e Jacob, polo seu carisma e o significado que teñen estes en a película, achegando un punto de vista e un realismo que estraño noutros personaxes da película.

En conclusión a película é un notable baixo para min, ten unha boa trama, pero paréceme que faría falta desenvolver máis a personalidade dalgúns personaxes e centrarse máis na trama e os personaxes importantes. A súa curta duración de 95 minutos fai que sexa fácil de ver e agradable de enteder.

 Gabriel Páramos López 4ºESO C


Ningún comentario:

Publicar un comentario