Título: Reign
Ano: 2013
Época histórica: Francia de 1557
Tempadas: 4
Capítulos: 78
País: Estados Unidos
Dirección e guión : Laurie McCarthy e Stephanie SenGupta
Reparto: Adelaide Kane ( María Estuardo), Toby Regbo ( Francisco II de Francia) Megan Follows ( Catalina de Medici) , Celina Sinden ( Greer / inspirada en Mary Beaton ).
Fotografía: Checco Varesse
Xénero: Ficción histórica e romance.
Análise ( vou facer análise de todas as temporadas porque gustoume a serie)
Temporada 1 :
A historia empeza cando María Estuardo , raíña de Escocia , ten que marchar do seu convento onde vivía, e ir cara a Francia. Esta partida débese xa que desde moi pequena estivo comprometida a formar unha alianza con Francisco II de Francia ( sucesor do trono francés) , para poder aliar a Escocia e a Francia e así defenderse contra Inglaterra.
Cando María chega a Francia nota como Francisco non está interesado nela persoalmente , pero está obrigado a contraer matrimonio con ela . María buscaba a parte dunha alianza para Escocia , un amor que o levase con ela toda a súa vida, por tanto está un pouco desgustada , pero isto cambiará ao longo dos capítulos.
Mentres tanto Catalina de Medici ( nai de francisco) trata de envenenar/ matar a María , xa que Catalina cre na bruxería , e o seu profeta máis próximo, Nostradamus, di que esta alianza con María Estuardo custaralle a vida ao seu fillo, polo que Catalina tenta matar a María.
Unha parte moi importante da serie son as damas de María ; Lola, Kenna , Aylee e Greer. Que a axudan e cóidana coma se fosen as súas amigas , aínda que na serie Lola queda embarazada de Francisco ( si , o prometido de María) , xa que como María amaba tanto a Francisco ao decatarse da profecía , decide irse co seu irmán bastardo ( Sebastián , que na realidade non existiu) e Francisco ao non ter a María foise da corte francesa , e se encontro con Lola en París , el pensaba que nunca máis volvería a ver a María , así que pola tensión e por outras circunstancias Lola quedou embarazada de Francisco. E no último capítulo o rei Enrique de Francia , pois está tolo , e empéñase coa idea, de tomar Inglaterra xunto a María do seu lado ( como esposa , ela xa estaba casada con Francisco, pero deulle igual) Francisco ao ver o panorama decide botar unha xusta , na que ninguén sabe quen é , contra o seu pai, e mátao fin.
Nas seguintes tempadas:
Na tempada 2 María é violada , e aíslase completamente de Francisco e namórase doutro, Luís I Borbón de Condé , irmán de Antonio , Rey de Navarra , e esta tempada baséase de Francisco tentando recuperar a María , conségueo, pero , ao final de tempada, vese como Francisco fala con Nostradamus da súa enfermidade e non lle queda moito tempo.
Na tempada 3, Francisco e María son felices , ata o quinto capítulo onde Francisco morre por unha infección de oído. María queda na corte francesa con Catalina e as súas 2 damas ( Aylee morreu e Kenna quedara embarazada dun bastardo e decidise fuxir a norueguesa) pero volve a Escocia para reinar no seu país.
Ao final da tempada , Lola morre, por atentar cara á vida de Isabel Reina de inglaterra , por mor de falsas ordenes de María.
Na tempada 4 , María quere vingarse de Isabel , por decapitar a unha dos seus mellores amigas , polo que decide aliarse con Lord Darnley , un nobre con dereito ao trono inglés, namóranse e maría queda embarazada , pero cando casa con el , ve como só impórtalle o poder , pero María necesita esta alianza para poder cobrar a súa vinganza.
Ao ver que Darnley vólvese tolo e ata rapta ao seu fillo e lévao ao bosque , onde case morre, decide mandar aos seus súbditos máis leais a matalo , e fano. Pero alguén se decata do sucedido e levan a María arrestada. Logo de 18 anos , Isabel de Inglaterra decapítaa por conspirar contra ela.
O seu sucesor é Jacobo o seu fillo, con dereito ao trono de escocia e Inglaterra A serie acaba con Francisco e María xuntos de novo no máis aló
Conclusión:
Unha serie moi boa que me axudou a entender historia, e que che axuda a comprender como eran os monarcas antes. E ademais non é unha seria aburrida nin nada polo estilo, entón faise moi amena e non a podes deixar de mirar pola intriga en cada capítulo.
Ana Bernárdez Colaci 4C
Ningún comentario:
Publicar un comentario