mércores, 3 de agosto de 2022

El Cid, la leyenda

 


Autor/Director: Jose Pozo

Ano: 2003

Época e material que reflicte: Século XI, chegada dos almorábides á península e o Reino de Castela.

Comentario:

Nesta película falamos principalmente da historia do Cid, Rodrigo Díaz de Vivar.

No ano 1064 o Rei Fernando I o Grande rei de Castela e León regresa tras a conquista de Coimbra. Da protección aos reinos de taifas e redúcese a actividade militar.

Yusuf, era o xefe almorábide que quería atacar os reinos de taifas xunto con os almorábides.

Sancho era o sucesor do Rei de Castela, é amigo de Rodrigo, quen está namorado de Ximena, a filla do conde de Gormaz, con quen pretende casar Ordoñez.

O pai de Rodrigo entrégalle a súa espada para que poida loitar co rei.

Rodrigo pídelle ao conde que lle deixe casar coa filla pero ao non aceptar, o conde intenta matar a Rodrigo.

Mentres, Urraca avisa a Sancho de que o conde e máis Rodrigo estanse a bater en do e cando Sancho estaba de camiño, o amante da súa irmá Urraca o asasina polas costas, e mentres tanto Rodrigo sen querer asasina ao conde, e Ordoñez ao ver que viña Ximena o acusou de asasinato, facendo que Ximena non lle fale.

Os almorábides chegan a Península, concretamente a Zaragoza.

Afonso é nomeado rei é Rodrigo é desterrado e empeza unha época de reconquista.

Rodrigo é coñecido polos almorábides como o Cid.

Todo o que recupera é posto ao servizo do rei de Castela, Afonso VI.

O Cid parte a Valencia para evitar que entren os almorábides.

Como non acepta a proposta do rei de ir ao Norte a loitar contra os almorábides prendeo.

Ordoñez dille a Rodrigo que casará con Ximena.

Urraca proponlle a Rodrigo salvalo de estar preso se mata ao rei (Afonso).

O exército de Afonso guiado polo Cid e máis os compañeiros atacan aos almorábides no Castelo no que teñen retidos a Ximena e Ordoñez. (Zaragoza)

O exército finalmente derrota aos almorábides e Yusuf acaba encarcerado.

Ximena e Rodrigo casan, el continúa loitando xunto ao rei e no ano 1099 Rodrigo O Cid morre tendo Valencia baixo o seu control.

A aptitude do Cid como cabaleiro durante a película demostra un dos principais valores dos cabaleiros, a honra.

 Valoración persoal:

 A min persoalmente gustoume moito porque pareceume entretida e un pouco divertida xa que ten moita intriga e engano. Non é unha película moi longa, que reflicte unha historia moi interesante e importante para a nosa cultura e para a evolución dos reinos peninsulares, tamén se reflicte como se vivía nesa época. Recoméndoa as persoas que lle guste un pouco a intriga e a acción.


María Vidal Rodríguez 2ºD

Ningún comentario:

Publicar un comentario