Título: “O Reino dos Ceos”
Autor/ Escritor: William Monahan
Productor/ Director: Ridley scott
Ano: 2005
Época/ Materia:
Está película abrangue dende os séculos XI ao XIII, dado que esta ambientada nas cruzadas, pero a gran maioría da súa trama sitúanos no século XII, e máis específicamente, no ano 1187.
Unha época de grandes batallas e guerras promovidas pola igrexa
Tema
Godofredo de Ibelin (Liam Neeson), cabaleiro recoñecido polo Rei de Xerusalén e comprometido co mantemento da paz en Terra Santa, emprende a procura do seu fillo ilexítimo, Balian (Orlando Bloom), un mozo francés que lamenta a perda da súa muller e do seu fillo.
Balian únese a Godofredo na súa santa misión. Tras a morte do seu pai, herdou a súa terra e o seu título en Xerusalén.
En Xerusalén, cristiáns, musulmáns e xudeus conseguiron unha convivencia pacífica baseada despois de pasar a II e III cruzada.
Neste mesmo momento e cand0 comeza a verdadeira trama da película, situada nese momento no ano 1186.
Con inquebrantable integridade e baixo nobre xuramento, Balian atópase nunha nova terra, servindo a un rei condenado. Sentíase atraído pola irmá do rei, a princesa Sibylla.
Alí en Xerusalén converterase no máis heroico e honrado dos cabaleiros e terá que protexer ao seu pobo das forzas opresoras.
COMENTARIO
Se comparamos está película con outras dirixidas por Ridley Scott, como por exemplo, Gladiator xa que as dúas básanse en diferentes acontecementos históricos; está é a mellor solo pola simple característica de que todos os personaxes tanto principais como secundrios cobran unha gran influencia nas escenas nas que aparecen.
Ademais de ser unha película que necesitou na súa época un presuposto a nivel económico moi grande, xa que é unha moi boa macroproducción.
A única cousa negativa qu ten esta película e que creo que é pola que a deixaron sen ningún premio Óscar; é que durante toda a pélicula séguese e respétase o que sucedeu na realidade e o que estaba a suceder na película, pero, cando se iba achegando ao final sucedían escenas e os protagonistas cobraban un poder e capacidades inhumanas hoxe en día e aínda máis difíciles naquela época.
3- VALORACIÓN FINAL
A min está película non é de todas as que levo miradas e ambientadas na idade media a que máis gustou, pero aínda así valoro moito o ben ambientada que está xa que na época na que se grabou poucas películas facíanche creer estar dentro delas mesmas.
A miña en xeral a esta película ou filme é un 8,5 por todas as razóns que xa viñen dando durante todo o documento. Unha película moi recomendable para calquera persoa maior de 10 anos na miña opinión.
Martín Pérez Fernández 2ºD
Ningún comentario:
Publicar un comentario