TÍTULO: Anne with an e
DIRECTOR: Niki Caro
ANO DE PRODUCIÓN: 2017
ÉPOCA E MATERIA QUE REFLICTE: Reflicte o século XIX, tema 5.
TEMA: Uns irmáns adoptan a unha rapaza para que os axude na súa granxa
· RESUMO:
Anne with an e é unha serie basada en Canadá no ano 1896 en Avonlea, unha illa de Canadá.
Os irmáns Cuthbert, Matthew e Marilla, deciden adoptar a un rapaz orfo, pero cando Matthew foi recollelo a estación de tren resultou ser unha rapaza, Anne.
Anne era unha rapaza imaxinativa e creativa e gustáballe moito ler, era un tipo de persoa que non encaixaba nesta sociedade ou que simplemente non estaba de acordo con algunhas cousas. Aínda que foi complicado convencer a Marilla de que Anne se quedara, xa que eles querían home para poder facer cousas que supostamente as mulleres non podían facer, a convenceron e Anne quedouse.
Os orfos non eran ben tratados naquela época e despreciábanos, a maioría de xente, por iso a Anne custoulle un pouco adaptarse a escola.
Pero Anne coñeceu a Gilbert e a Diana. Gilbert converteuse rápidamente no seu amigo xa que el non a trataba mal coma o resto, e tamén tiña moitas cousas que dicir da sociedade, e Diana converteuse na súa mellor amiga rápidamente, aínda que ela era dunha clase máis alta e tiña todo o seu futuro organizado polos seus pais, coma casarse e ser unha muller de casa. Pero ao longo da serie faise valer e escuitar para facer o que ela quere.
Esta serie trata da vida e desenvolvemento destes personaxes e outros que van aparecendo despois.
É unha serie onde se pode apreciar perfectamente como é a época, sobre todo socialmente. Apréciase a amistade, a desigualdade de xénero, ao colectivo LGTBI que estaba moi mal visto....
· VALORACIÓN:
Para min esta serie foi todo un descubrimento, xa que cando miras que unha serie ou película está basada no século XIX non pensas nisto, e sorprendeume moito. É unha serie preciosa onde aprendes e valoras o que temos hoxe en día, como máis igualdade de xénero, os dereitos humanos, unha maior visibilidade e aceptación do colectivo LGTBI...
Apréciase perfectamente como era aquela época e inda así é unha serie que engancha coa trama dos personaxes. Eu recoméndoa ao 100%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario