Dirixida por: Vicente Aranda
Ano de produción: 2001
Época e materia que reflicte: Sitúanos na Coroa de Castela e en Flandes, entre os anos 1496 e 1506.
Tema: Juana, filla de Isabel Católica, foi casado co arquiduque de Austria, Felipe o Fermoso.
Trala morte dos seus irmáns, Juana converteuse na única herdeira das coroas de Castilla e Aragón, pero a súa saúde mental non lle permitirá reinar.
Comentario: Neste filme reflectise o inmenso amor que Juana sinte polo seu marido Felipe, o Fermoso, e suceden varios episodios de ataques de celos que perturban a súa relación matrimonial.
Felipe ten varios deslices con outras mulleres durante o sea matrimonio ata que finalmente morre en 1506 con tan só 28 anos.
Valoración Final: Grazas a esta película podemos comprender a historia do século XV e o papel da muller naquela época. Tamén vemos a unha raiña cegada pola pasión e os celos que nos fai manter en constante angustia e tensión, Ademáis comprendemos o moito que o pobo quere a Juana. Por outra banda, a postura de Felipe, como marido con poder que a pesar de ter varias amantes,discute coa súa esposa e mesmo lle intenta arrebatar o trono, tachándoa de loca.
Juana sigue amando ao seu esposo, como o primiro día e incluso trala súa morte acude a visitar o feretro cando lle apetecía.
Pareceume unha película moi interesante, ademais de aprender que os matrimonios eran alianzas de convenencia, aínda que neste caso houbese moita pasión. Tamén o falecemento de Isabel a Católica no ano 1504 e como se notificaban antigamente as noticias.
Xurxo Rodríguez Rodríguez 2ºD
Ningún comentario:
Publicar un comentario