Título: Goodbye Lenin
Ano de produción: 2003
Época histórica e materia que reflicte: 1978-1990, División de Alemania na RFA e a RDA, caída do muro de Berlín (1989), Reunificación Alemá (1990), antes do derrumbe da URSS (1991).
País: Alemania
Dirección: Wolfgang Becker
Guión: Wolfgang Becker, Bernd Lichtenberg
Duración: 1h e 55 min
Xénero: Drama, comedia
Tema: Trátase da historia dunha familia que vive na República Democrática Alemana antes da caída do muro de Berlín.
Análise
Esta película comeza coa fuxida do pai de dous nenos, Alex e Ariane, ao mundo occidental no momento en que Alemania xa está dividida dende 1949, mentres a súa muller Christiane e os seus fillos quedaban na República Democrática de Alemaña (RDA), o territorio socialista que existiu en Alemaña e Europa Central durante o período da Guerra Fría, baixo a ocupación soviética tras o final da Segunda Guerra Mundial. Esta existiu ata 1990, cando se incorporou á República Federal de Alemaña (RFA).
Christiane era unha activista no progreso social contra as inquietudes do pobo e as inxustizas cotiás, polo que recibiu unha coondecoración prestixiosa que o Estado daba aos cidadáns máis destacados polo seu socialismo.
En 1989, na manifestación en defensa do dereito de camiñar libremente sen que o muro o impedise, Alexander coñeceu a súa futura moza, Lara, unha rapaza soviética pola cal suspiraba namorado. Esa mesma noite a nai entrou en coma, debido a que mirou como o exército golpeaban a varios manifestantes e levaban ao seu fillo. Dende ese accidente, a súa saúde empeorou e estivo bastante tempo no hospital ata que Alex decidiu acomodar o cuarto onde, ata ese momento, estaban asentados a súa irmá e o seu mozo, e levar a casa a súa nai. Ela perdeu a memoria e non recordababa, despois de oito meses en coma, na situación en que se atopaba Berlín en octubre do 1989, a un mes da caída do muro que dividía as zonas de influencia capitalista e comunisa. Entón, el fixo todo o posible para que non soubera a verdade, posto que se se enteraba podía sufrir outro infarto, xa que ela era socialista, e isto conlevaría á súa morte. Intentou buscar por medio de todos os métodos as marcas de alimentos da antica RDA, pero a influencia capitalista arrasara con todo e intercambiaba os botes vellos qe atopaba polos novos. Así, construiu unha realidade totalmente diferente para a súa nai, arreigada ao pasado. Pareceume tan alucinante o feito de crear un mundo moi alonxado do real só para que ela puidese vivir en paz, que enganchoume a historia dunha forma incríbel.
Chegou o cumpleanos de Christiane e todo o espectáculo que organizara o fillo fracasou de varias maneiras, pero cando ela sospeitaba algo, Alex e o seu amigo e compañeiro de taballo xa estaban grabando e editando programas de informativos cunha explicación a favor da versión socialista que lle daban á muller. No aniversario, a moza de Alex non aguantou tanta mentira, en parte porque el lle dixera á nai que o pai dela tiña un oficio que en realidade non facía, ademáis de que estba morto. Quizais por este motivo tamén lle confesou a Christiane que caíra o muro antes de que esta volvera a ver ao seu home. Esta era a súa última voluntade, pois lle dera outro infarto tras confesarlle aos seus fillos a verdade sobre o pai na casiña onde quería acoller as persoas da parte oocidental. Resulta que tiveran que dicirlle que os occidentais estaban pasando á RDA grazas a un xesto humanitario de Honecker (nesa época, secreario xeral do Partido Socialista Unificado de alemaña), cando saíra a rúa un día. Na rúa mirara pasar a estatua de Lenin, que estaba sendo trasladada do seu pedestal.
Mentres ela está ingresada no hospital, o fillo aproveita para falsear un novo telexornal, convencendo a Sigmund Jähn (o primeiro astronauta de Alemaña Oriental) a quen descubrira unha noite traballando como taxista, para que proclamase a necesidade de unir as dúas repúblicas, a federal e a democrática. Quería desvelarlle a verdae, pero dunha forma suave, a cal el mesmo quería ter vivido. Porén, Christiane xa estaba ao tanto das últimas transformacións políticas grazas a Lara e decatase da montaxe que o seu fillo preparara durante toda o período da súa enfermidade por amor, só para coidala. Nin Christiane nin Lara chegan a revelar que xa a muller xa coñecía a verdadeira realidade e acaba morrendo.
4º Valoración final
Creo que esta película é moi significativa, porque representa perfectamente o ambiente vivido nesa época histórica con certa comicidade (nas partes nas que Alex se encarga de transformar o mundo visible pola súa nai para que non sufra). Esa atmosfera de inquietude ante a revolución que causou a caída do muro de Berlín. Esa atmosfera de saber que estaba a piques de ocorrer algo grande e importante, que cambiaría a vida de todos aquelas persoas (refírome a caída da Unión Soviética). O que máis me gustou foi a vía que tomou o autor do filme para contar es proceso histórico de transición ente a situación despois da Guerra Fría (a partir do 1989) e a posterior á Reunificación Alemá.
Ariadna Pereira Campos 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario