mércores, 3 de agosto de 2022

Little women


Título
: Little women

Ano: 2019

Época histórica: Guerra de Secesión, 1862,  1860 e  1870

País: Estados Unidos

Direción e guión : Denise Di Novi Amy Pascal Robin Swicord Arnon Milchan

Xénero: Romance e drama

Argumento :

En 1868, Jo March, que é profesora en Nova York acode ao Sr Dashwwod para ensinarlle a súa obra, e el sempre lle di que a obra carece de algo e ela está triste por iso.

A súa irmá menor Amy , está en París coa Tía March, para concevir matrimonio con Fred Vaungh, un rico empresario , e así poder achegar algo economicamente á súa familia. E nesta viaxe Amy atópase con Laurie o exmejor amigo de Jo (que deixaran de ser amigos porque Laurie propuxéralle matrimonio a Jo e ela negouse) e vaise formando unha historia amorosa entre eles.

Por outra banda Meg March é a maior das súas irmás , e ela tiña que casar con alguén rico, pero decidiu casar por amor , por mor disto case queda pobre.

Logo Beth , a irmá menor, é calada e encántalle tocar o piano, pero un día enferma de escarlatina e isto fai que todas as irmás reúnanse para estar con ela.

Contexto:

A película está inspirada na obra Little women de Louisa May Alcott(1869), onde conta o que xa resumín.

E a obra interpreta aspectos como o rol da muller na época, a guerra de sucesión norte americana etc

Ana Bernárdez Colaci 4ESOC



Ningún comentario:

Publicar un comentario