domingo, 6 de decembro de 2020

Purl

 Purl é unha curta de 8 minutos dirixida por Kristen Lester e producida por Gillian Libbert-Duncan. Foi emitida na biblioteca e subtitulada por profesoras do centro para celebrar o Día Contra a Violencia de Xénero





martes, 17 de novembro de 2020

The Durrells

Serie de TV:

 The Durrells ou  Os Durrells

Director:

Simon Nye, cun guión adaptado por el mesmo dos tres libros autobiográficos escritos por Gerald Durrell.

Ano:      2016

Xénero: Comedia dramática

País:      Reino Unido

Reparto:     

Keely Haves ( Louisa Durrell), Milo Parker ( Gerald), Daisy Waterstone (Margot), Callum Woodhouse (Leslie), Josh O’ Conner (Lawrence), Alexis Georgoulis ( Spiros).

Sinopse:

Despois de enviuvar e cunha situación económica difícil, Louise Durrell decide marchar cos seus catro fillos (o menor de 12 anos)  á illa grega de Corfú. Alí teñen que adaptarse a viviren nunha casa na que parten de cero e rodeados de natureza. Cada un dos fillos irá amosando a súa personalidade, segundo as calidades persoais e a guía flexible da súa nai. A relación entre eles e a que establecen con diferentes persoas, tanto da illa como visitantes externos, irán conformando os diferentes capítulos.

  Valoración persoal:

É unha serie coa que podes gozar de gratos momentos de relax. Pois, a pesar das dificultades económicas da familia, a constante presenza da natureza e a luz do Mediterráneo enchen de vitalismo e cor a pantalla. Gerald chega ao extremo de  tratar os animais como persoas, mentres se dedicarse a observalos e estudalos. E o seu labor de naturista fará que toda a familia se relacione intimamente con ese mundo natural.

O outro piar fundamental é o das relacións humanas. Nos diálogos e accións vemos cómo os personaxes (adolescentes) van evolucionando e formándose como persoas, co bo e o malo do ser humano. A pertenza a un grupo é un lazo de unión moi consistente, e chegamos a sentir como outros personaxes que se relacionan coa familia senten ese nó. Especialmente importante é o personaxe de Spiros que chega a parecer un membro máis dos Durrells.

  Relación coa xeografía e a historia.

A disposición xeográfica da illa ( Mediterráneo, mar Xónico, entre Albania e Grecia) é toda unha invitación a coñecer e viaxar por eses territorios. A illa está chea de historia porque pertenceu a italianos, foi atacada por otomanos , dominada por británicos e pertence a Grecia desde 1864.

Tamén a historia de Europa está presente na obra, pois o guión parte dun relato autobiográfico( xénero de escrita que é propio da historia) situado entre 1935 e 1939.  Pola casa da familia van pasando persoas de diferentes países e aparecen referencias históricas ( cando vén a familia italiana cítase a Mussolini; o noivo turco da filla non agrada nada aos gregos; os “ temidos” albaneses resultan ser uns inofensivos pescadores…).

 

Póñase cómodo no sofá, conecte FILMIN   e viva o Mediterráneo !!

 

luns, 16 de novembro de 2020

Assassin's Creed: Syndicate


 

É un xogo de acción-aventura, desenvolvido por Ubisoft. Este é un xogo multiplataforma que foi lanzado o 23 de outubro de 2015. O xogo ten lugar durante a época vitoriana en Londres, en plena Revolución Industrial. Os protagonistas son dous irmáns da seita dos asasinos, Jacob e Evie Frye.

Nun Londres cheo de novas tecnoloxías, unha masa de xente vai á cidade xa que ofrecía grandes oportunidades coa chegada da maquinaria e a abundancia de fábricas. Un novo mundo estaba a nacer, non só polas tecnoloxías senón tamén polos cambios no goberno (o poder xa non o ten o rei, senón o diñeiro). Porén, non todos foron igual de beneficiados por esas innovacións. As clases baixas empobrecíanse e morrían moi novos, por iso formáronse bandas que protestaban na clandestinidade. Nesa situación, aparecen os irmáns para intentar liberar o pobo desa escravitude legal. Eles van ascendendo socialmente axudados por personaxes históricos, como Karl Marx, Charles Dickens ou Victoria do Reino Unido.

 Lucas Choren

venres, 12 de xuño de 2020

Gallipoli



Título: Gallipoli
Director: Peter Weir
Intérpretes: Mel Gibson, Mark Lee, Bill Hunter, Robert Grubb
Ano: 1981
Guión: David Williamson
Xénero: aventuras,drama, histórico,bèlico
Fotografía: Russell Boyd
Música: Brian May
Duración: 110 minutos
País: Australia

Resumo:

Dous rapaces que teñen ao rededor de vinte anos compiten nunha carreira nun pobo preto
de Perth, Australia occidental. A partir da carreira, Archy e Frank fanse amigos. Archy
quere ir á guerra pero é menor de idade; o outro quere evitala pero ao final é convencido
polo seu compañeiro, a pesar de ter que pasar por algunhas dificultades , conseguen ser
incorporados.Os dous mozos soñan con facerse homes, coñecer mundo, ascender a oficiais
e volver a casa cubertos de gloria e aventuras que poder contar. Unha vez alistados na
tropa, parten con outros miles de soldados cara a Exipto.
Os preparativos terminan e os soldados embárcanse ata Gallipoli, fronte á costa turca,
lugar no cal se deben enfrontar ao exército local aliado dos alemáns. Contra o que os
propios oficiais a cargo da expedición esperaban, as tropas australianas son utilizadas polo
comando británico como unha simple distracción hacie o inimigo mentres o ataque real ten
lugar ás súas costas por soldados ingleses.O desenlace cóntanos como Frank é enviado ao
coronel para pedir instrucións, e este decide cambiar a orde, pero Frank chega tarde ás
trincheiras para avisar do cambio. Os soldados xa comezaran a saír para atacar. Nese
momento Archie e os demais saen das trincheiras quedando ao descuberto, aos poucos
todos caen, pero Archie aguanta un pouco máis, varios proxectís impactan no seu corpo,
quedando conxelada a imaxe de Archie cos impactos de bala no corpo.


Valoración:

Trátase dunha película interesante para comprender mellor a I Guerra Mundial por diversos
aspectos. Non soamente relata un feito histórico certo, a batalla de Gallipoli, senón que nos
mostra tamén a importancia do poder colonial durante a guerra. Na película podemos
descubrir elementos craves desta guerra como o sistema de alianzas, a vida nas trincheiras
ou os motivos que fixeron alistarse a miles de mozos procedentes de lugares realmente
afastados á zona de conflito.
Reflicte perfectamente os ideais e a personalidade dos australianos que se unen á loita, e
as condicións que lles toca soportar no campo de batalla.
O soporte visual axuda a entender como se vivía por aquel entonces e a porse na pel das
batallas e das trincheras. Xoga bastaste cos primeros planos o que provoca que se podía
transmitir mellor as emociones
 .


Aroa Domínguez Pérez

xoves, 11 de xuño de 2020

O Gran Ditador

Título orixinal: The Great Dictator
Ano: 1940
Duración: 128 min.
País: Estados Unidos.
Dirección: Charles Chaplin.
Guión: Charles Chaplin.
Reparto: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Jack Oakie, Reginald Gardiner, Henry Daniell,
Carter De Haven, Grace Hayle, Maurice Moscovitch, Billy Gilbert.
Produtora: United Artists.
Xénero: Comedia, sátira. Nazismo. II Guerra Mundial.

Trama
Un barbeiro é ferido e internado nun hospital cando loitaba nunha guerra polo seu país. Á súa saída do hospital, moito tempo despois do final da guerra, atópase cun país totalmente distinto ao que el coñecera. Os xudeus, a súa relixión, son discriminados, e viven nuns guetos. Uns días despois da súa saída do hospital, peléxase coas forzas do goberno, pero é salvado por un coronel ao cal salváralle a vida na guerra. Mentres, o ditador Hynkel propoñíase conquistar o mundo e sometelo a súa ditadura. Cando ordenan ao coronel que ataque o gueto xudeu, este négase e é encarcerado. Cando todo o exército está listo para atacar, outro ditador chega co seu exército co mesmo obxectivo que Hynkel, e este recíbeo e convéncelle de que non ataque. Durante todo este tempo, o coronel escapa e escápase no gueto xudeu xunto ao barbeiro que tamén é buscado. Cando van ser apresados, logran escapar vestidos de militares. Chegan á fronteira, xunto ao exército, que confunde ao barbeiro co ditador debido ao seu gran parecido. O ditador verdadeiro é apresado e encarcerado nun campo de concentración e o barbeiro, cun discurso, proclama a liberdade e a eliminación da ideoloxía nazi.


Valoración do período histórico
A película é unha sátira. Tendo en conta iso, non pretende reflectir a realidade de forma fiel, xa que busca expresar en forma de burla o que era a situación en Estados Unidos coa chegada dos nazis e o final da Primeira Guerra Mundial en 1918. Con isto quero por en claro que o obxectivo da película é ridiculizar en todo momento este período e dar outro punto de vista totalmente diferente. Se teño que xulgar como é a película en relación coa realidade, creo que é moi enxeñoso a parte de converter isto nunha comedia e aínda así reflectir, dunha forma ou doutra, o que era a realidade nesa época. Os erros poden entenderse porque non é un documental, é unha sátira. Non pode expresar na súa plenitude o período no que se atopa porque non busca ser fiel, tende á comedia para chegar ao seu público de forma máis amena e dar un xiro ao que foi a mentalidade neses anos. E iso é un acerto que me pareceu moi interesante. É intelixente, aínda que recorra á trucos de comedia fáciles ou outros que parezan no seu primeiro momento ridículos. Como soporte visual, como ferramenta para chegar ao público, é en si unha maneira innovadora de contar o pedido histórico do que tanto se fala. Aínda que non podas guiarte completamente pola película, non busca ser un documental, e consegue o de calar na mente aínda despois de tela visto.


Archivo:The Great Dictator (1940) poster.jpg - Wikipedia, la ...


Charles Chaplin: El gran dictador | Actividades CaixaForum Barcelona


Por qué debemos escuchar de nuevo el discurso de Chaplin contra el ...

Cinema Lights: 'El gran dictador', "Look up, Hannah!" - Solución ...


xoves, 23 de abril de 2020

Largo domingo de noviazgo




Largo domingo de noviazgo

Ficha técnica:


Título orixinal: Un long dimanche de fiançailles
Ano: 2004
País: Francia
Dirección: Jean-Pierre Jeunet
Duración: 134 min
Temática: I Guerra Mundial dende o punto de vista francés.
Reparto: Audrey Tautou, Gaspard Ulliel, Dominique Pinon, Chantal Neuwirth, André Dussollier,
Marion Cotillard, Jodie Foster, Ticky Holgado, Jean-Paul Rouve, Albert Dupontel, Jean-Pierre Darroussin,
Denis Lavant, Dominique Bettenfeld, Tcheky Karyo, Jean-Claude Dreyfus, Julie Depardieu,
Michel Vuillermoz, Urbain Cancelier, Rufus, Elina Löwensohn.
Sinopsis: punto de terminar la I Guerra Mundial (1914-1918), Mathilde recibe la noticia de que su prometido es uno de los cinco soldados que, tras haber sido sometidos a un consejo de guerra, han sido enviados a la tierra de nadie que hay entre el ejército francés y el alemán, lo cual supone una muerte casi segura. A pesar de todo, emprende un duro viaje para conocer el destino de su prometido y, aunque las noticias que va recibiendo son desalentadoras, sigue adelante. A medida que se acerca a la verdad sobre los desafortunados soldados y su brutal castigo, conocerá a fondo los horrores de la guerra y las marcas indelebles que deja en quienes la han vivido.


Resumo:


A película trata dunha bonita pero tráxica historia de amor nos tempos da I Guerra Mundial,
especialmente centrada na guerra entre Francia e Alemaña; na cal unha xoven namorada ,
Mathilde, vai investigar sobre o paradero do seu futuro marido (o máis xoven dos cinco
condenados, debido a que se lle acusou dun disparo na súa man), Manech, a través da búsqueda
de diferentes soldados que estiveron con este ou puideron ter contacto. 


A miña opinión:

Gustaríame dicir a miña opinión respecto da película. 
Escollín Largo domingo de noviazgo porque chamoume a atención o título, leín o argumento e
gustoume a idea de que a base da historia basárase na historia de dous xóvenes enamorados.
Inda que non me gustan moito as películas que falan sobre historia, esta soprendéume bastante,
xa que en ningún momento fíxoseme pesada de ver. Así que, pola miña parte, doulle unha boa
crítica xa que podería dicirse que me gustou.

domingo, 5 de xaneiro de 2020


                                   O Rei

 Ficha Técnica:                                                                                                        

-Título orixinal: "The King"
-Ano: 2019
-País: Inglaterra
-Dirección: David Michôd
-Duración: 140 min.
-Temática: Henrique V, Inglaterra, S.XV
-Reparto: Timothée Chalamet, Lily-Rose Depp, Joel Edgerton, Robert Pattinson,
Dean-Charles Chapman.

  Esta película producida por Netflix ( e só dispoñible nesta plataforma) ten lugar na Inglaterra do S.XV e retrata o comezo do reinado de Henrique V e as súas empresas para conquistar parte de Francia, cuxo rei naquel momento era Carlos VI, xa que, a pesar de que Hal ( Henrique) prometera non ser como o seu pai (Henrique IV) que levara a Inglaterra a unha guerra civil, e non recoñecer os inimigos deste como seus, o intento de asasinato por parte do monarca francés lévao a iniciar esta conquista. 
No camiño para conseguilo líbrase a famosa batalla de Agincourt, na que os ingleses, pese a verse superados en número, conseguen grazas as súas estratexias, vencer ao exército francés, liderado polo príncipe. Tras a vitoria de Hal, Carlos VI rendirase e cederalle a Hal a man da súa filla máis nova, Catalina, matrimonio que ratificará o novo poder inglés sobre os territorios conquistados. Sen embargo, no día da súa voda, Catalina revelaralle que non todo era como pensaba, convertendo así o final no punto máis interesante da película.

  Pese a ser unha obra de escasa exactitude histórica, xa que o filme está baseado en tres obras de Shakespeare ( "Henry the forth" e "The life of Henry the fifth") é bastante entretida e, polo menos, podemos sacar en limpo a conquista de parte de Francia e o matrimonio de Henrique con Catalina. A película destaca na fotografía, no vestiario e na banda sonora (composta por Nicholas Britell).

Resultado de imaxes para: el rey"
Timothee Chalamet como Henrique V