Título:
Nos vemos allá arriba
Director: Albert Dupontel
Ano: 2017
País: Marrocos, Francia
Época
histórica: Período de entreguerras
Este filme conta a historia dun contable e dun
debuxante que estiveran xuntos na guerra. Ao principio do filme o contable,
chamado Albert Maillard, aparece declarando nun cuartel en Marrocos. Alí
identifícase e di onde coñeceu a Edouard Péricourt, o debuxante, que fora na
cota 113. Tamén explica que nos últimos días de guerra, cando xa había rumores
de armisticio, ninguén quería atacar, máis o seu teniente, Henri
d’Aulnay-Pradelle, un apasionado da guerra, dábanlle igual os seus soldados,
mandando a dous a facer un recoñecemento na trincheira inimiga. Rapidamente
mátanos e tras un intercambio de bombas os franceses lánzanse ao ataque. Cando
Albert chega á posición dos soldados que fixeran o recoñecemento, dáse conta de
que os mataran pola espalda, e que fora Pradelle. Mentres escapaba del, Albert
cae nunha poza de terra e non more afogado grazas a un cabalo morto e grazas a
que Edouard o salva xusto despois, pero a él esplótalle unha bomba na cara que
lle destruirá a mandíbula. Xa tempo despois de que acabara a guerra, mentres
Edouard recupérabase, por primeira vez ve a súa cara deformada, e entra en
pánico, polo que Albert suminístralle morfina. Cando esperta, Edouard pídelle a
Albert que o mate nos archivos, intercambiando a súa ficha pola dun defunto,
para non volver a casa e ver ao seu pai. Xa a finais de 1919, Albert e Edouard
estaban novamente en París, onde vivían antes, e Albert loitaba con mutilados
da guerra co fin de obter morfina para Edouard, que xa era adicto a ela. Tamén
consigue un traballo de ascensorista, no que encontra a súa prometida con outro
home, e esta devólvelle o anel de compromiso.
Doutra banda, Edouard vólvese moi amigo de
Louise, unha nena que era orfa de guerra. Tamén volve a debuxar (mentres se
recuperara deixou de facelo) pero dun xeito distinto porque ideou un plan.
Ademais, comeza a crear máscaras para cubrir a ferida da cara posto que non lle
gustaban as que lle tiñan ofrecido no hospital. Cando Edouard lle conta o seu
plan de facer monumentos aos mortos, pero sin facelos para escapar co diñeiro,
Albert enfádase e os dous acaban pelexando. Ao día seguinte, Albert recibe unha
paliza por parte dos exmilitares mutilados da guerra, e decide aceptar o
traballo de Edouard.
Pradelle, pola súa parte, agora traballaba
enterrando aos mortos e facendo fraudes con eles, sen preocuparse pola súa
identidade. Cando ten unha conversa co pai de Edouard, presidente do distrito,
a este último dalle un ataque ao corazón. Según el fora por non acordarse do
aniversario da morte do seu fillo. Na súa casa, a irmá de Edouard, Madeleine,
ensínalle os debuxos da guerra que lles enviara Albert e deciden invitalo a
cear. Albert acepta, mais non lle dice nada a Edouard. Unha vez alí, descrube
que Pradelle e Madeleine están casados, e evita que o teniente o vexa. Durante
a cea coa familia de Edouard está moi nervioso e casi revela que segue vivo. Ao
final, non di nada e lle ofrecen un traballo de contable na administración.
Albert acepta comeza a roubar diñeiro da administración para facer os catálogos
dos falsos monumentos. Algúns meses despois de facelos, comezan a chegarlle
encargos e vólvense ricos. Tamén presentan un diseño cun nome falso a un
concurso organizado polo seu pai que ten de primer premio 150000 francos.
Acaban gañando porque o seu pai dáse conta que a firma de Edouard está presente
no debuxo do monumento. Paralelamente, Edouard entérase de que Madeleine está
casada con Pradelle, e decide fastidiarlle a vida notificando dos seus fraudes
a un inspector mediocre que non se deixa sobornar. Mentres tanto, Albert, que
se namorara da criada dos Péricourt, Pauline, comeza a saír con ela.
Despois, a estafa dos protagonistas é
descuberta e Pradelle evita o seu afundimento obrigándolle ao pai de Edouard a
que lle quiten os cargos a cambio de encontrar ao autor do diseño gañador do
concurso, aínda que é abandonado por Madeleine tras embarazala, porque ela xa
coñecía as súas infidelidades e non lle importaba. Unha vez que Pradelle
encontra ao autor, o pai de Edouard vai visitalo, sen saber que é o seu fillo,
e cando Edouard dáse conta de que sí lle importaba ao seu pai, tírase do balcón
do edificio no que estaban. Tamén hai que destacar a morte de Pradelle nunha
obra baixo un montículo de area, cando Albert ía matalo pero non foi capaz.
Cando Albert acaba de declarar, o xefe do
cuartel que o estaba interrogando manda marchar aos demais e deixa libre a
Albert, porque un dos soldados que matara Pradelle pola espalda na cota 113 era
o seu fillo. Por último, vemos a Pauline, Louise e Albert marchar felizmente.
Esta obra estaría estruturada en tres partes:
unha primeira que iría dende o principio ata que Albert e Edouard regresan a
París, unha segunda que chegaría ata que a estafa dos dous personaxes
principais é descuberta, e, por último, o final do filme.
Nos vemos allá arriba é un drama, que ten
varios saltos no tempo, de Marrocos en 1920, ata finais da guerra no 1918 e a
vida de Albert e Edouard en París no 1919.
Este filme encantoume debido a historia tan
profunda que conta, e como todos os sucesos van encaixando nun puzle ata o
final, cando o xefe do cuartel é o pai do xoven soldado asesinado por Pradelle.
Tamén me gusta como se reflexa a vida das persoas tras a guerra, a escaseza do
diñeiro, e as loitas por sobrevivir.
Eu creo que o máis interesante da obra é como vai
cambiando a situación dos protagonistas e todas as dificultades que teñen que
superar, así como o que vai acontecendo á vez na familia de Edouard. Desde un
punto de vista histórico non creo que teña demasiados erros, xa que se reflexa
ben a situación de Francia tras a guerra, que quedara moi endebedada, o que se
traducía nunha falta de cartos, a utilidade das colonias, á que se van Albert,
Pauline e Louise. Tamén vemos as trampas feitas e fraudes para aforrar diñeiro
e engaños para roubar, aínda que non
sei ata que punto concreto son certos. Na miña opinión, é un filme que podría
valer para ensinar historia, aínda que non sexa perfecto
Cristián Páramos