domingo, 31 de xaneiro de 2021

Sufraxistas

 

PRESENTACIÓN:

O nome desta película é As sugraxistas, foi rodada en 2015 está ambientada en Inglaterra de 1912 xusto antes da Primeira Guerra Mundial



ANALISE:

Esta película trata sobre una muller chamada Maud Watts que traballa nunha lavandería, despois de traballar,  volvía a súa casa e preparaba a cea a o seu esposo e fillo pequeño como de costume. Ata que un día mandarona levar un pedido e topouse cun grupo de sufraxistas que estaban tirando pedras a un escaparate, e resulta que una das sufraxistas traballaba con Maud, e foi ela quen meteu a Maud no mundo do sufraxismo. Un día tiñan que presentar un informe que contara a razón pola cal querían o voto femenino, a sufraxista que respresentaba esa lavandería era Violet Miller pero chegou ao lugar con ferídas na cara, e claramente non o podía presentar, xa non a tomarían enserio, enton pediulle a Maud que lera a súa declación pero o ministro pediulle que contara a súa versión, e Maud empezou a contar a súa experiencia. Uns días despois cando o misnistro iba a contar a decisión tomada, moitas mulleres reurírinse nunha plaza, e o ministro dixo que non iban a outorgar o derieto ao voto as mulleres. As mulleres empezaron a gritar e revelaronse e decían que iso era fraude e que claramente non era xusto. Todas esas sufraxistas foron arrestadas e golpeadas.

Ao largo da película Maud perde moitas cousas, a súa casa e a seu fillo, xa que o pai o deu en adopción porque el non o podía mantener

Nesta película se pode ver un claro exemplo do abuso do poder xa que o xefe de Maud abusaba de la cando era mais  pequeña, e tamén se pode ver a miserabales condicions nas que traballaban as mulleres, as cales eran peores cas dos homes, elas cobraban menos e traballaban maís. Se pode ver tamén como torturaban as mulleres por reclamar a o seu dereito ao voto e por pensar de maneira diferente.

CONCLUSIÓN:

Nesta película se pode ver como unha evolución do personaxe de Maud,xa que ao principio digamos que so era como una espectadora , pero en realidade  pensaba diferente pero o gardaba dentro dela, e ao final loitou bastante polos seus dereitos e de todas as mulleres.

Esta película si que é útil para saber un pouco sobre todo o que tivo que pasar para que hoxe todas as mulleres podamos votar e para que gozemos dos dereitos que tenemos hoxe en día.


Salma Hilali

Os miserables

Título: Los Miserables

Director: Tom Hooper

Ano: 2012

Lugar: Francia no século XIX

“Les misérables” é un musical baseado nos libros de Victor Hugo estreado no 2012. O seu director é Tom Hooper. Ambientada en Francia ao largo de 17 anos, desde o final do imperio napoleónico (Jean Valjean sae da cárcere, 1815) ata os primeiros anos da monarquía de Luis Felipe (insurrección de 1832). O tema principal do musica é a inxustiza social de Francia no século XIX, por exemplo Valjean foi condenado 19 anos por roubar un cacho de pan. Logo trata outros temas:

● A pobreza, que o podemos comprobar en varios casos. Por exemplo o protagonista foi condenado por roubar un anaco de pan para darlle de comer ao seu sobriño. 

● O amor, como a historia de Cosette e Marius.

● O desemprego, Fantina foi despedida e levada a vender o seu cabelo, dentes e incluso o seu corpo para poder pagar a familia que cuidaba de Cosette, a súa filla.

● A revolución, xa que podemos observar como un grupo de mozos intenta empezar unha revolución sen éxito.

O máis interesante da obra no meu parecer foi a revolta que intentaron iniciar un grupo de mozos idealistas (Marius e os seus compañeiros) plantándolle cara as autoridades cunha barricada defendendo a liberdade. A utilidade do musical para aprender e ensinar historia é ver como era a Francia do século XIX dunha forma entretida anque o musical ao principio faise tedioso. 

Andrea Vidal Tiago

Tempos Modernos

 


Guionista e director:
escrito e dirixido por Charles Chaplin.

Título: Modern times (tiempos modernos)

Ano: 1936


País: Estados Unidos

 

Análise:

Debido ao ritmo frenético e deshumanizado, Charlot, empregado de clase obreira, vólvese tolo. É hospitalizado e ao saír vese casualmente involucrado nunha manifestación obreira polo que é encadeado. Tamén por casualidade, no cárcere, axuda a controlar un motín e gaña a liberdade. Xa fora, emprende a loita pola supervivencia e namórase. A súa namorada tamén é vítima dun conxunto de fatais acontecementos familiares que a deixan soa e desamparada. Charlot é encadeado de novo e a separación entre el e a súa namorada, esta atopa traballo como bailarina nun café da época. Reencóntranse e os rematan traballando no mesmo bar. Todo parece ir ben cando, e debido á tónica da película, vense de novo perseguidos pola xustiza e escapan, escapada que remata na unión da parella, sendo o amor o remedio de todos os males. 

A modo de comedia, a película fai referencia e critica moi subxectivamente a dura realidade da época.

·       Deshumanización e explotación dos traballadores nas grandes industrias (invención da máquina para comer sen deixar de traballar).

·       Crises obreiras (folgas).

·       Dramas familiares (dura situación familiar, vida de namorados).

·       Diferenzas das clases con máis poder económico e as que menos (aínda que coa escena na que Charlot está esperando na recepción do cárcere e entra o ministro, podemos chegar a analizar que todos somos iguais fisicamente, que o que nos fai dunha clase ou outra é o poder económico).

·       Inxustiza social.

·       Crise económica (esta refléxase na escena na que reabren as fábricas e están todas as persoas aglomeradas intentando conseguir traballo).

·       Que calquera persoa pode realizar calquera traballo, dando igual se tes coñecementos ou non (podemos velo cando Charlot entra por segunda vez a fábrica e, sen ter idea de como realizar o mantemento da maquinaria, é o encargado xunto co “profesional” da revisión da maquinaria que levaba tempo sen funcionar).  

 Conclusión:

Persoalmente esta película fíxome chorar coa risa, pero a vez fíxome recapacitar sobre a situación de todas aquelas persoas e da inxustiza que había naquela época. A modo de comedia, a película fai referencia e critica moi subxectivamente a dura realidade da época.

Para min o cine mudo é un verdadeiro arte para profesionais, porque te que expresarte soamente con expresións faciais e coa xesticulación, polo que o vexo moi complicado. Charles Chaplin fai que as expresións faciais reflexen moi ben a situación. Para min é un grande e nesta película non queda atrás. A miña escena favorita sen dúbida, é cando sen querer bótalle droga a comida, xa que as súas expresións faciais reflexan o que creo que con palabras sería imposible.

Sara Ferreira Pereira

Os corpos invisibles

 Título: Os corpos invisibles

Autora: Emma Pedreira

Ano: 2019

País: Inglaterra

 

Esta obra trata sobre dúas mulleres, unha chamada Prometea Stoner, que é moi misteriosa e circulan moitas lendas arredor da súa persoa, e outra chamada Loretta Count, que é unha rapaza de 15 anos que traballa nunha fábrica da industria téxtil chamada FitzmonguerCorp. Un día, no que Loretta séntase na valla da Stoner House, casa de Prometea, acaba caendo dentro. Nese momento as protagonistas coñécense e Loretta faise carteira de Prometea, que lle envía cartas a unha muller chamada Mary S. A través da lectura desas cartas, Loretta descubre a doenza e o plan secreto que ten Prometea e como vai levalo a cabo.

A obra estrutúrase en capítulos aínda que non están marcados por números, e polo contido a obra divídese en 3 partes: Unha primeira parte de presentación e introdución dos personaxes que remataría cando Prometea e Loretta xúntanse por primeira vez. A segunda parte estaría composta polo desarrollo do plan de Prometea e os seus resultados así como os relatos de Loretta na fábrica, as conversas con Felicia e Belinda, dúas nenas que forman parte da burguesía, e os viaxes a enviar as cartas. A parte final corresponde a cando o plan de Prometea chega ao seu final e tamén cando se inicia unha “revolta” en FiztmonguerCorp, impulsada por Loretta.

O estilo do obra é narrativo, escrito en prosa e con cartas nalgúns capítulos.

Creo que esta obra é moi boa e engancha bastante se a un lle gusta ler, porque provoca unha sensación de querer saber o que vai suceder a continuación: como avanza o plan de Prometea, a relación entre Loretta e ela, o que sucede na fábrica, etc. Tamén porque ensina valores de loita e superación, e nos axuda a entender como cambiou a vida dende entón, os avances que se lograron para as mulleres, nas condicións de traballo… que provoca unha reflexión moi profunda.


O máis interesante desta obra é como Prometea e Loretta van madurando emocionalmente e Loretta entende que todos somos importantes, sen importar a nosa clase social, xénero ou calquera cousa, e todos merecemos tratos dignos. Desde o punto de vista histórico é unha obra bastante ben contextualizada, ten as innovacións propias dese tempo, como a máquina de coser e reflexa ben a situación social e das mulleres. Tamén mostra como eran as condicións laborais e os abusos de poder realizados en moitos casos por capataces hacia mulleres, no que a culpa recaía sobre a propia muller que sufría o acoso. Por último, achéganos un pouco á literatura femenina do século XIX, xa que na obra se mencionan moitas escritoras como George Eliot, Jane Austen e Emily e Charlotte Brontë, ademáis de que se xoga moito ca obra de Frankenstein de Mary Shelley.

Os únicos erros que ten son a existencia da cadeira de rodas motorizada de Prometea e as operacións para amputar membros e cambialos por outros de xente morta, que apenas se poden realizar no noso tempo.

Cristián Páramos

domingo, 6 de decembro de 2020

Purl

 Purl é unha curta de 8 minutos dirixida por Kristen Lester e producida por Gillian Libbert-Duncan. Foi emitida na biblioteca e subtitulada por profesoras do centro para celebrar o Día Contra a Violencia de Xénero





martes, 17 de novembro de 2020

The Durrells

Serie de TV:

 The Durrells ou  Os Durrells

Director:

Simon Nye, cun guión adaptado por el mesmo dos tres libros autobiográficos escritos por Gerald Durrell.

Ano:      2016

Xénero: Comedia dramática

País:      Reino Unido

Reparto:     

Keely Haves ( Louisa Durrell), Milo Parker ( Gerald), Daisy Waterstone (Margot), Callum Woodhouse (Leslie), Josh O’ Conner (Lawrence), Alexis Georgoulis ( Spiros).

Sinopse:

Despois de enviuvar e cunha situación económica difícil, Louise Durrell decide marchar cos seus catro fillos (o menor de 12 anos)  á illa grega de Corfú. Alí teñen que adaptarse a viviren nunha casa na que parten de cero e rodeados de natureza. Cada un dos fillos irá amosando a súa personalidade, segundo as calidades persoais e a guía flexible da súa nai. A relación entre eles e a que establecen con diferentes persoas, tanto da illa como visitantes externos, irán conformando os diferentes capítulos.

  Valoración persoal:

É unha serie coa que podes gozar de gratos momentos de relax. Pois, a pesar das dificultades económicas da familia, a constante presenza da natureza e a luz do Mediterráneo enchen de vitalismo e cor a pantalla. Gerald chega ao extremo de  tratar os animais como persoas, mentres se dedicarse a observalos e estudalos. E o seu labor de naturista fará que toda a familia se relacione intimamente con ese mundo natural.

O outro piar fundamental é o das relacións humanas. Nos diálogos e accións vemos cómo os personaxes (adolescentes) van evolucionando e formándose como persoas, co bo e o malo do ser humano. A pertenza a un grupo é un lazo de unión moi consistente, e chegamos a sentir como outros personaxes que se relacionan coa familia senten ese nó. Especialmente importante é o personaxe de Spiros que chega a parecer un membro máis dos Durrells.

  Relación coa xeografía e a historia.

A disposición xeográfica da illa ( Mediterráneo, mar Xónico, entre Albania e Grecia) é toda unha invitación a coñecer e viaxar por eses territorios. A illa está chea de historia porque pertenceu a italianos, foi atacada por otomanos , dominada por británicos e pertence a Grecia desde 1864.

Tamén a historia de Europa está presente na obra, pois o guión parte dun relato autobiográfico( xénero de escrita que é propio da historia) situado entre 1935 e 1939.  Pola casa da familia van pasando persoas de diferentes países e aparecen referencias históricas ( cando vén a familia italiana cítase a Mussolini; o noivo turco da filla non agrada nada aos gregos; os “ temidos” albaneses resultan ser uns inofensivos pescadores…).

 

Póñase cómodo no sofá, conecte FILMIN   e viva o Mediterráneo !!

 

luns, 16 de novembro de 2020

Assassin's Creed: Syndicate


 

É un xogo de acción-aventura, desenvolvido por Ubisoft. Este é un xogo multiplataforma que foi lanzado o 23 de outubro de 2015. O xogo ten lugar durante a época vitoriana en Londres, en plena Revolución Industrial. Os protagonistas son dous irmáns da seita dos asasinos, Jacob e Evie Frye.

Nun Londres cheo de novas tecnoloxías, unha masa de xente vai á cidade xa que ofrecía grandes oportunidades coa chegada da maquinaria e a abundancia de fábricas. Un novo mundo estaba a nacer, non só polas tecnoloxías senón tamén polos cambios no goberno (o poder xa non o ten o rei, senón o diñeiro). Porén, non todos foron igual de beneficiados por esas innovacións. As clases baixas empobrecíanse e morrían moi novos, por iso formáronse bandas que protestaban na clandestinidade. Nesa situación, aparecen os irmáns para intentar liberar o pobo desa escravitude legal. Eles van ascendendo socialmente axudados por personaxes históricos, como Karl Marx, Charles Dickens ou Victoria do Reino Unido.

 Lucas Choren