Título: Los Miserables
Director: Tom Hooper
Ano: 2012
Lugar: Francia no século XIX
“Les misérables” é un musical baseado nos libros de Victor
Hugo estreado no 2012. O seu director é Tom Hooper. Ambientada en Francia ao
largo de 17 anos, desde o final do imperio napoleónico (Jean Valjean sae da
cárcere, 1815) ata os primeiros anos da monarquía de Luis Felipe (insurrección
de 1832). O tema principal do musica é a inxustiza social de Francia no século
XIX, por exemplo Valjean foi condenado 19 anos por roubar un cacho de pan. Logo
trata outros temas:
● A pobreza, que o podemos comprobar en varios casos. Por exemplo o protagonista foi condenado por roubar un anaco de pan para darlle de comer ao seu sobriño.
● O amor, como a historia de Cosette e Marius.
● O desemprego, Fantina foi despedida e levada a vender o
seu cabelo, dentes e incluso o seu corpo para poder pagar a familia que cuidaba
de Cosette, a súa filla.
● A revolución, xa que podemos observar como un grupo de
mozos intenta empezar unha revolución sen éxito.
O máis interesante da obra no meu parecer foi a revolta que intentaron iniciar un grupo de mozos idealistas (Marius e os seus compañeiros) plantándolle cara as autoridades cunha barricada defendendo a liberdade. A utilidade do musical para aprender e ensinar historia é ver como era a Francia do século XIX dunha forma entretida anque o musical ao principio faise tedioso.
Andrea Vidal Tiago
Ningún comentario:
Publicar un comentario