domingo, 31 de xaneiro de 2021

2 de maio: A liberdade dunha nación



O título da serie  é "Dous de Maio, a liberade dunha nación". Dirección: María Cereceda, Gonzalo Baz; Guión: Victoria dal Vera, Mónica Martín-Grande, Manuel Ríos San Martín, Olga Salvador, Beatriz Velasco, Raúl de Tomás, Manuel Feijoo, Laura Molpeceres; Fotografía: Javier Vergara; Reparto: William Miller, Mateo González, Íñigo Navares, Ramón Esquinas, Celine Tyll, Andreas Muñoz, Christophe Miraval, María Garralón, Carmen Morales, Cesáreo Estébanez, Quim Vila, Berta Hernández, Diego Molero, Elisabeth Larena, Celia Freijeiro, Tim Verardi; Produtora: Bocaboca Producciones (Emitida por: Telemadrid). Foi feita no 2008 e está baseada no ano 1808.

Análise:

Nesta serie pódese ver claramente a situación de Madrid durante a Guerra de Independencia, tras a Abdicación de Baiona, cando os franceses estaban invadindo España.   Tamén pódese ver como vivía a xente do pobo de Madrid e as miserias que pasaban. Podemos ver como vivía moitos tipos de persoas, dende pobo ata a igrexa.

Unha escena interesante ao meu parecer foi a chegada de Luis Valencia ao pobo. O pobo ao saber que chegara emocionouse e o celebraron, pensando que el os lideraría na revolta contra os franceses que os atemorizaban, pero Luis non quería meterse en problemas e negouse, xa que non quería volver ao cárcere, onde estivo 5 anos.

Conclusión:

Dende o punto de vista histórico esta serie está moi ben, mirase todo con claridade e os espacios están ben ambientados. O fallo que lle vexo é que se fai moi lenta e faise aburrida. Aínda así pareceume moi interesante e recomendaríaa.

 

Laura Fernandes Merino 4ºESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario