domingo, 31 de xaneiro de 2021

1898. Os últimos de Filipinas

 

Título: 1898,Os últimos de Filipinas

Director: Salvador Calvo

Ano :2016

País: España

Época histórica : está ambientada en 1898 cando España perdeu a colonia de Filipinas.



Análise:

Esta película está baseada no ano 1898 cando España perdeu as colonia de Filipinas.

A finais do S.XIX se enviou soldados españois a Baler( un pobo de Filipinas) para parar a revelión filipina que quería independizarse. Os soldados estivéron alí 337 días. Nos primeiros días sufriron un asedio e tiveron que refuxiarse nunha igrexa. Durante estes días loitaron sin rendirse xa que pensaban que a guerra contra Filipinas seguía en pe cando en realidade España firmou o Tratado de París con Estados Unidos, no que España cedía Filipinas a Estados Unidos.

A  medida de que avanzaban os días quedabanse sen comida , e a comida que lles madaron desde Malina estaba infectada o que provocou diversas enfermidades e a morte de moitos soldados.

O goberno español e os propios filipinos avisaronlles de que a guerra terminou pero eles pensaban que era un trampa es seguiron loitando. Ao final deronse conta de que era certo por unha noticia dun xornal que era imposible que fora mentira, enton declararon a súa rendición.

Conclusión:

Desta película me encantaría destacar o feito de que mandaran soldados que nin sequera saben disparar ,sen experiencia, básicamente  reflexa como era o exército español, e tamén destacaría que tantos soldados querían rendirse e unirse a o outro bando

Esta película é útil para ensinar como foi a independenza de Filipinas.

Salma Karmadi Mezzan

Ningún comentario:

Publicar un comentario